InicioMedioambiente e PatrimonioUn percorrido virtual polo patrimonio da cidade de Lugo

Un percorrido virtual polo patrimonio da cidade de Lugo

O Concello vén de presentar unha aplicación interactiva que funciona de xeito similar a Google Maps, pero cuxo obxectivo é difundir a riqueza histórica das rúas lucenses.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- Para coñecer o patrimonio de Lugo xa non haberá que patear as rúas. Ou, polo menos, non necesariamente. A quen lle baste con observar os puntos de interese a través dunha pantalla de móbil, poderá facelo agora grazas a unha nova aplicación interactiva que difundirá os principais elementos patrimoniais da cidade.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto, asistiron este martes no CEI NODUS á presentación desta nova ferramenta dixital. Segundo Repetto, a iniciativa consegue dous obxectivos: “difundir e poñer en valor os recursos do municipio á vez que se fomenta a inserción laboral”.

E é que o proxecto é resultado dun programa de inserción laboral promovido polo Concello e permite o acceso desde un computador ou desde un dispositivo móbil a información sobre os principais elementos patrimoniais de Lugo e sobre os puntos de interese da cidade. Ademais, inclúe documentos PDF con información sobre puntos concretos de Lugo, fotografías históricas de cada un deles e mesmo planos sobre a súa construción e posteriores reformas.

O funcionamento desta ferramenta é similar ao de Google Maps, aclararon os seus promotores, e permite ao usuario facer un percorrido pola cidade, de forma interactiva e coa posibilidade de deterse nos puntos que considere oportunos. EFE

ÚLTIMAS

División de opinións na Asociación Forestal de Galicia sobre Altri: o 52% de socios apoia e o 40%, rexeita

Unha enquisa realizada pola Asociación Forestal de Galicia entre os seus socios sobre o...

Volve a neve en plena primavera á provincia de Lugo este sábado

Varios puntos da provincia de Lugo rexistran nevadas na mañá deste sábado de finais...

Morre Cristina Pérez Herraiz, concelleira en Lugo entre 2015 e 2019

A exconcelleira do Concello de Lugo Cristina Pérez Herraiz faleceu este sábado a consecuencia...

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...