InicioComarca da FonsagradaBaleiraFinalizan a montaxe mecánica do parque eólico da Serra de Punago-Vacariza

Finalizan a montaxe mecánica do parque eólico da Serra de Punago-Vacariza

Este proxecto, que se enmarca nos lindes de Castroverde, Baleira e Baralla, suporía a produción de enerxía para unhas 50.000 familias, segundo Naturgy.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A empresa Naturgy finalizou a montaxe mecánica dos aeroxeradores do parque eólico Serra de Punago-Vacariza, que abrangue os concellos de Castroverde, Baleira e Baralla. O proxecto, que supón un investimento de 43 millóns de euros, inclúe un total de doce aeroxeradores que sumarán unha potencia de 39,6 MW.

Agora as actuacións céntranse na  montaxe eléctrica no interior dos aeroxeradores e nas instalacións de evacuación, unha vez rematados os traballos de obra civil e izado. Despois de pór fin a esta fase, Naturgy ten prevista a restauración e revexetación do entorno con especies autóctonas, en consonancia coas indicacións establecidas polos organismos ambientais.

280 POSTOS DE EMPREGO E 50.000 FOGARES ABASTECIDOS

A responsable de desenvolvemento dos proxectos eólicos de Naturgy en Galicia, María Landeira, destacou o volume da enerxía que se espera producir unha vez se active o funcionamento do parque: falan dunha produción anual de 112,4GWh, o que viría a ser o mesmo ca o consumo eléctrico de 50.000 vivendas. Ademais, sostén que a  súa posta en marcha evitaría a emisión dunhas 89.000 toneladas anuais de CO2, á parte doutros gases contaminantes.

Por último, Naturgy salientou que a construción do parque na Serra de Punago-Vacariza xerará uns 280 postos de traballo ao longo de todo o proceso.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

As Africores de Lugo entre as beneficiadas con axudas para o control do rendemento leiteiro

A Consellería do Medio Rural publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG)...