InicioLugo e contornaFriolAtopan un gran dolmen en Friol de 4.000 anos de antigüidade

Atopan un gran dolmen en Friol de 4.000 anos de antigüidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Colectivo Patrimonio dos Ancares acaba de dar conta dun achado arqueolóxico de sumo interese para o concello de Friol tal e como publica na web Historia de Galicia. Trátase dun dolmen con corredor duns 20 metros de diámetro en cuxo centro hai un gran cono de violación que acolle a cámara funeraria de pedra, de forma poligonal, formada por seis pedras fincadas no chan verticalmente, algunhas removidas da súa posición orixinal.

Da cámara parte un corredor formado por varias pedras fincadas paralelas que comunicaban co exterior. O dolmen estaba cuberto por unha ou máis tampas dispostas horizontalmente, tamén de pedra

A súa localización foi posible grazas a unhas notas de hai trinta anos, inéditas, dos investigadores Juan Núñez Jato e Laura Rodríguez Varela que documentaron centos de enterramentos do Neolítico ao longo dos concellos de Friol, Lugo e Outeiro de Rei, traballo ímprobo que nunca lle foi recoñecido.

Os enterramentos megalíticos con corredor son os máis escasos da provincia de Lugo e de Galicia. Os máis abundantes son os formados por túmulos de terra e pedras e as mámoas que acubillan no seu interior cámaras pétreas simples (sen corredor). Este dolmen do Monte de San Cibrao cremos que é o de maiores dimensións do municipio, en conxunto ten unha lonxitude duns catro metros. A súa construción foi arredor do 4000 antes de Cristo.

Lugar onde se localizou un dolmen en Friol / Xabier Moure

Estes enterramentos foron feitos por unha colectividade para enterrar aos seus mortos, e son a mellor expresión das formas de organización do Neolítico. A uns 240 metros, no Alto de Fontedelo, atopamos outra mámoa, tamén cuberta pola vexetación, formada, aparentemente, por terra e pedras. Máis información en Historia de Galicia.

ÚLTIMAS

Expulsan a tres alumnos dun colexio de Lugo por un novo caso de acoso escolar

Un centro escolar de Lugo expulsou a tres alumnos tras detectar un posible caso...

Lugo paraliza as obras do edificio que ía acoller a menores migrantes por falta de licenza urbanística

O Concello de Lugo ordenou a suspensión inmediata das obras que se executan no...

Rescatan a unha muller cunha perna atrapada nun motocultor nunha leira de Begonte

Os bombeiros de Vilalba tiveron que liberar na tarde deste luns a unha muller...

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente...