InicioLugo e contornaRábadeAbandona o pleno o voceiro do PSdeG de Rábade denunciando que o...

Abandona o pleno o voceiro do PSdeG de Rábade denunciando que o PP impediu debater sobre instalacións deportivas

"É unha trampa política e un acto de cobardía. A moción estaba presentada en prazo, e se o Goberno local consideraba que faltaba algún requisito formal tiña a obriga de comunicalo antes. Non o fixeron porque non hai boa fe: hai vontade de silenciar á oposición", denunciou o voceiro socialista

PUBLICADA O

- Advertisement -

O voceiro do PSdeG en Rábade, Alejandro Martínez, abandonou este xoves o Pleno municipal despois de que a alcaldesa e o grupo de goberno do Partido Popular impedisen o debate e a votación da moción socialista sobre a mellora das instalacións deportivas municipais.

O PSdeG denuncia que o PP converteu “de forma arbitraria” a moción rexistrada polo Grupo Socialista nun rogo, unha manobra que “só busca evitar o debate e impedir que o PP teña que votar en contra dunha proposta boa para Rábade e para a veciñanza”.

“É unha trampa política e un acto de cobardía. A moción estaba presentada en prazo, e se o Goberno local consideraba que faltaba algún requisito formal tiña a obriga de comunicalo antes. Non o fixeron porque non hai boa fe: hai vontade de silenciar á oposición”, denunciou o voceiro socialista.

Martínez lembrou que o artigo 9.2 da Constitución Española obriga os poderes públicos a facilitar a participación da cidadanía na vida política, polo que considera que esta actuación “vulnera os dereitos de representación da veciñanza de Rábade” e supón “unha nova mostra de autoritarismo” por parte da alcaldesa.

A moción do PSdeG reclamaba arranxos na pista e nos vestiarios do pavillón municipal, a habilitación dun segundo vestiario no campo de fútbol e a busca de colaboración doutras administracións para financiar estas melloras. Martínez fixo fincapé na responsabilidade da alcaldesa no estado actual destas instalacións, froito da falta de mantemento e da mala xestión do Goberno local.

“O PP sabe que esta proposta é boa e necesaria para Rábade e por iso evita o debate. Non queren votar, non queren dar a cara e non queren que a veciñanza vexa que prefiren bloquear unha iniciativa útil antes que recoñecer a súa falta de traballo, de xestión e de compromiso co noso concello”, concluíu.

GOBERNO LOCAL

O goberno local de Rábade cualificou como “moi sorprendente” que, despois de tres anos, “os socialistas se acordaran de facer unha solicitude á Deputación de Lugo” despois de que o executivo municipal pedira reunións co anterior presidente “sen que foran atendidas”.

As declaracións vertidas desde o goberno local de Rábade fanse logo de que este enviase asuntos para tratar na reunión coa presidenta da Deputación, e que agora “sae o PSOE solicitando eses mesmos temas” xa enviados a través de correo electrónico.

Desde a alcaldía sinalan tamén que en tres anos “o PSOE non fixo ningunha petición” para Rábade e que cando a presidenta provincial vai recibir os representantes do goberno local, o PSOE “converte as reclamacións do Concello como propias”.
+ posts

ÚLTIMAS

Un incendio forestal en Xermade queima máis de 20 hectáreas nunha tarde de lumes en Galicia

A Consellería do Medio Rural mobiliza nove aeronaves para sufocar o foco activo en Roupar, mentres Boborás baixa a Situación 2 tras arrasar 230 hectáreas e Padrón queda estabilizado.

O PP leva ao Senado a falta de cobertura móbil e fibra no rural de Lugo

A Comisión de Transformación Dixital do Senado debaterá e votará este martes unha iniciativa...

Ofrenda do Antigo Reino en Lugo durante unha xornada calorosa

A cidade de Lugo celebrou este sábado, 14 de xuño, a Ofrenda do Antigo...

Un tractor derruba parte dunha capela en Guitiriz e o condutor fuxiu do lugar

Un tractor chocou coa capela de San Xosé en San Paio de Parga, situada...