InicioLugo e contornaPortomarín"Aran" 110 metros de estrada en Portomarín

“Aran” 110 metros de estrada en Portomarín

A Deputación de Lugo denuncia os destrozos ocasionados na estrada provincial de Alto do Valiño por vilaxuste a Valdeporrás.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo presentou unha denuncia ante a Comandancia da Garda Civil polo estrago dunha estrada provincial ao seu paso polo concello de Portomarín. A LU-P-4902, de Alto do Valiño, por Vilaxuste a Valdeporrás, apareceu na mañá do 14 de xullo arada nun tramo aproximado de 110 metros de lonxitude, á altura do quilómetro 2,5.

Técnicos da institución provincial desprazáronse ao lugar do acontecido para avaliar os danos, que valoraron en 90.000€. As características dos feitos apuntan ao uso dunha máquina grande como un tractor ou paleadora.

Os destragos fixeron necesarios que se habilitase un paso para garantir  a circulación no tramo afectado. A Deputación de Lugo condenou este ataque a un ben público que puxo en “grave perigo” ás persoas, pois “puido provocar danos irreparables para os usuarios da estrada, tendo en conta que se produciu de madruga”.

A gravidade dos feitos denunciados e as consecuencias que puideron ocasionar poden ser condenados como delito e a Deputación esixirá responsabilidades penais e civís correspondentes tras agardar á instrución do atestado e o traslado ó xulgado correspondente.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...