InicioLugo e contornaOuteiro de ReiO alcalde de Outeiro de Rei alerta de "ataques constantes" do lobo...

O alcalde de Outeiro de Rei alerta de “ataques constantes” do lobo no municipio

O 'popular' José Pardo asegura que pode chegar a supoñer un problema para os veciños.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Outeiro de Rei, o popular José Pardo, alertou este martes dos “constantes ataques” do lobo neste municipio, o que lle serviu para criticar a prohibición desta especie por parte do Goberno central, en referencia á lei de “especial protección”.

Pardo, que viu perigo tamén para as persoas, constatou que, “con frecuencia sófrense ataques”. “É un tema moi problemático para os gandeiros e tamén empeza a ser preocupante para os veciños, que ás veces camiñan por zonas pouco poboadas”. “E é preocupante poderse atopar cunha manda”, engade.

O rexedor de Outeiro de Rei asegurou que el mesmo viu ata catro ou cinco exemplares. Neste sentido, apuntou que “se teñen fame, poden provocar calquera tipo de problema”. Así as cousas, afirmou que “prohibir a caza do lobo non ten ningún sentido no mundo rural”, onde “toda a vida púidose cazar nunca se chegou ao problema da extinción do lobo”. “E non sei por que agora por unha serie de persoas que non sofren estas consecuencias o Goberno lexisla desta maneira”, afeou. O alcalde de Outeiro de Rei tamén se aferrou a que “os ataques ao gando prodúcense con moita frecuencia”. “E non agora, senón desde hai moito tempo”, agregou.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...