InicioMedioambiente e PatrimonioOuteiro de Rei estrea froiteiras públicas nos seus parques

Outeiro de Rei estrea froiteiras públicas nos seus parques

O alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao, deu a coñecer os catro pequenos parques de froiteiras creados recentemente en Guillar, que poderán aproveitar os veciños

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os parques xorden apois da celebración dun curso organizado polo Concello sobre poda, enxerto e plantación de froiteiras, celebrado este ano nos meses de febreiro e marzo e no que participaron 15 persoas; parte das sesións prácticas do curso incluíron a realización de prácticas de plantación e foron as persoas participantes neste curso as que plantaron as árbores que hai nos parques de cerdeiras e maciñeiras.

A inversión total nesta iniciativa ascendeu a algo máis de 3.000 euros, co acondicionamento e sinalización de tres parques: Dos Castiñeiros, Das Ameixeiras, e Das Maciñeiras. Cada un conta con tres variedades da árbore homónima, coa particularidade de que o primeiro inclúe micorrizados, co que as raíces dos castiñeiros darán cogomelos comestíbeis. En cada un destes espazos instalouse un pequeno panel interpretativo e os veciños poderán aproveitar os seus froitos.

+ posts

ÚLTIMAS

Extinguido o incendio de Taboada tras arrasar 55,85 hectáreas

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido este sábado o incendio forestal de...

A Deputación incrementa o patrocinio para o Caudal Fest reforzando a proxección turística de Lugo

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres o contrato de...

O Concello de Lugo aprobará o proxecto dunha residencia de anciáns no barrio de Recatelo

A xunta de goberno de Lugo aprobará o vindeiro luns o proxecto para a...

Un incendio activo en Lugo xa arrasou dúas hectáreas

A parroquia lucense de Orbazai, no lugar de Penarrubia, rexistra este xoves un incendio...