InicioSociedadeEU acusa á Fiscalía de abandonar ás vítimas da trata polo arquivo...

EU acusa á Fiscalía de abandonar ás vítimas da trata polo arquivo parcial da Operación Carioca

O criterio da Fiscalía obriga á xuíza de instrución Pilar de Lara a arquivar a peza da Operación Carioca sobre o Club Liverpool, decisión que as vítimas poderán recorrer

PUBLICADA O

- Advertisement -

A revirada interpretación da Fiscalía sobre os feitos investigados na Operación Carioca obriga ao arquivo da peza separada acerca do Club Liverpool do Corgo, a pesar do criterio da xuíza instrutora Pilar de Lara. Esta revelación do xornal Público levou a Esquerda Unida a cargar contra o Ministerio Público polo “abandono ás mulleres vítimas de trata”.

A Operación Carioca é a causa xudicial máis extensa de Galicia. A peza en cuestión pescuda un caso de trata de mulleres no Club Liverpool, no concello lucense do Corgo, onde supostamente catro gardas civís foron cómplices da situación de abuso que exercían os donos do prostíbulo, e que incluiría a unha menor. En total investígase a comisión de seis delitos.

A responsable da Área de Muller de Esquerda Unida, Raquel Bernárdez, censurou o papel da Fiscalía, que en novembro de 2017 solicitou o arquivo da peza por non observar “coacción activa” e ditaminar que é imposible dilucidar se existiu “beneficio económico directo” da explotación.

Bernárdez criticou tamén a “inacción” de Concello de Lugo e Xunta de Galicia por “non personarse na causa como acusación particular”, medida contemplada no artigo 125 da Constitución Española.

Reacción social

O discutido papel da Fiscalía levou á creación dunha asamblea contra a impunidade na Operación Carioca, por representar un “punto de inflexión” para este grupo de mulleres “concienciadas contra a lacra da trata”.

Por outra banda, A Rede Galega Contra a Trata amosouse “preocupada” polos “termos en que se expresan algúns argumentos vertidos no documento”, por seren “incompatibles coa dignidade da muller, a igualdade de xénero e os dereitos humanos”. Tamén causou inquedanza neste colectivo o feito de que se “considere a precariedade económica extrema das concretas mulleres que exercen nun club como un mero dato social sen relevancia normativa”.

 

ÚLTIMAS

O PP de Lugo esixe no Senado máis seguridade e mantemento para a rede ferroviaria da provincia

Os senadores do PP de Lugo instaron ao Goberno central a explicar que medidas...

A Deputación demanda a defensa dos intereses dos gandeiros ante o acordo con Mercosur

O Pleno Ordinario da Deputación de Lugo acordou este martes esixir á Xunta de...

A Xunta cancela definitivamente o parque eólico Fonseca tras máis de vinte anos de tramitación

A Xunta revogou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución do...

O río Miño desbordado xa en Lugo e Begonte

O Centro de Control de Conca da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil informou este martes...