InicioMovementos sociaisUnha asamblea de mulleres organízase contra a "impunidade" do Caso Carioca

Unha asamblea de mulleres organízase contra a “impunidade” do Caso Carioca

A Plataforma Cidadá contra Impunidade do Caso Carioca quere evitar que o criterio da Fiscalía na peza sobre o club Liverpool poida estenderse a toda a causa

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vindeiro mércores 31 de outubro, o Museo Provincial estreará o documental Benvidas ao Club. A peza audiovisual realizada pola lucense Carme Granxeiro aborda o Caso Carioca, sendo a primeira medida de sensibilización da nova asamblea de mulleres constituída en Lugo para amparar ás vítimas de proxenetismo e loitar contra a impunidade xudicial.

A Plataforma Cidadá Contra a Impunidade do Caso Carioca nace a consecuencia da discutida interpretación do Ministerio Fiscal sobre a peza da explotación de menores no Club Liverpool, no Corgo. A petición de sobresemento e arquivo da investigación contra o dono e catro gardas civís, acusados de seis delitos, é considerado o “punto de inflexión” para este grupo de mulleres “concienciadas contra a lacra da trata”.

Así, consideran este posicionamento da Fiscalía “un exemplo paradigmático da vulnerabilidade das mulleres fronte ás estruturas de poder patriarcais”, por afectar a dúas migrantes que supostamente foron prostituídas e sufriron abusos sexuais sendo menores de idade. Os feitos terían sucedido co coñecemento dos efectivos das forzas de seguridade, cos que o presunto proxeneta decía ter estreita relación. Dende a Plataforma entenden que a solicitude de sobresemento é contraria á función de garante da legalidade e protección das vítimas que debería primar no Ministerio Fiscal.

En consecuencia, a asamblea quere evitar que a impunidade poida estenderse a outras pezas do Caso Carioca, causa na que hai identificadas máis de 400 mulleres vítimas de trata dentro dunha rede de crime organizado con 85 imputados. A Plataforma quere “articular a resposta social ante a inxustiza” e “rematar coa tolerancia social e impune actuación das mafias” nos clubes de Lugo e outros concellos próximos. As actividades informativas e reivindicativas comezarán co documental e a distribución de dípticos entre a cidadanía nos que explican os principais elementos da investigación.

+ posts

ÚLTIMAS

Javier Arias asume Urbanismo en Lugo para desbloquear licenzas e reforzar unha área “estratéxica”

O Goberno local de Lugo deu conta este venres do nomeamento de Javier Arias...

Identifican o agresor sexual dunha nena na cidade de Lugo en 2019

A Policía Nacional de Lugo informou do esclarecemento dun caso de agresión sexual cometida...

O BNG presenta en Lugo a candidatura de Rubén Arroxo á alcaldía para as municipais de 2027

O BNG celebrará o vindeiro mércores en Lugo un acto público para presentar a...

A Policía Nacional investiga seis roubos en vehículos estacionados nunha rúa de Lugo

A Policía Nacional de Lugo abriu unha investigación para esclarecer seis roubos rexistrados en...