InicioSucesosSete detidos como resultado da batalla campal da piscina do Corgo

Sete detidos como resultado da batalla campal da piscina do Corgo

A Garda Civil identificou a sete persoas implicadas na multitudinaria liorta da área recreativa do Chamoso (O Corgo) que rematou con catro feridos

PUBLICADA O

- Advertisement -

A investigación da pelexa rexistrada o domingo 2 de setembro na piscina do Corgo levou á detención de sete persoas implicadas. A Garda Civil identificara os supostos agresores mercé os testemuños dos presentes na área recreativa do Chamoso, logo dunha liorta que deixou catro feridos que tiveron que ser trasladados o HULA. Os detidos acudiron voluntariamente as dependencias do Instituto Armado.

Segundo recolle GaliciaConfidencial, os sete investigados están acusados de dous delitos, un de desorde público e outro de lesións. Durante a pelexa, que comezou a puñadas, chegaron a empregar cadeiras metálicas –entre outros obxectos contundentes– que ocasionaron feridas de certa consideración, ata o punto de motivar o traslado o Hospital Universitario Lucus Augusti.

Todo aconteceu no bar da piscina estreada este mesmo ano no Corgo. No lugar atopábanse arredor de trinta persoas, entre eles varios cativos. As primeiras informacións apuntaban a que a desputa tivera orixe nunha vinganza, debido a que con anterioridade se lle negara o acceso o grupo agresor. Porén, fontes da Garda Civil aseguran que a desavinza comezou pola adquisición duns xeados.

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...