InicioCulturaO pazo de Adai será un dos escenarios da nova tempada de...

O pazo de Adai será un dos escenarios da nova tempada de ‘O sabor das Margaridas’

Tamén a Ribeira Sacra e Monforte de Lemos terán presenza na serie, que xa se situou "entre as dez máis vistas de Netflix" no Reino Unido e Irlanda coa primeira tempada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Ribeira Sacra, Monforte de Lemos ou o Pazo de Adai (no Corgo) atópanse entre os escenarios escollidos para a rodaxe da segunda tempada da serie ‘O Sabor das Margaridas’, que se emite na Televisión de Galicia e Netflix.

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, recibiu este xoves a parte do equipo de produción e dos actores no marco da colaboración desta institución provincial co audiovisual galego.

Durante o encontro, Tomé destacou a “defensa da industria audiovisual” como parte do “tecido industrial galego” e que “achega un valor engadido á economía en Galicia” a través do cinema e da arte.

Ademais, puxo en valor que esta segunda tempada da serie axuda á “promoción turística” da provincia de Lugo cunha rodaxe que mostra “as paisaxes, monumentos” e puntos “atractivos” do territorio. A produción galega xa se situou “entre as dez máis vistas de Netflix” no Reino Unido e Irlanda coa primeira tempada.

Por outra banda, Tomé explicou que “nos últimos dez anos, a Deputación de Lugo colaborou dunha forma ou outra cunha ducia de películas de series ou curtametraxes” e subliña que “as posibilidades dos novos medios, a multiplicación de canles e a demanda de contidos fan do audiovisual un sector económico á alza” que pode xerar “nos próximos anos máis de 20.000 novos empregos” en España.

SEGUNDA TEMPADA

Pola súa banda, o produtor de ‘O Sabor das Margaridas’, Ghaleb Jaber Martínez, confirmou a finalización da gravación da segunda tempada e apunta a que agora está en “fase de montaxe”.

Ademais, apuntou a que “a lingua non é un obstáculo” e cre que “o audiovisual” é a “mellor maneira de exportar país”. Os escenarios galegos elixidos supoñen “paisaxes que fixeron o traballo máis fácil” para as máis de sesenta persoas que participaron nos traballos e na gravación desta serie.

ÚLTIMAS

Ferido o condutor dun tractor tras caer por un desnivel nunha zona forestal de Becerreá

Un home resultou ferido este mércores tras unha caída desde un tractor, que acabou...

Investigados catro homes por roubar 250 metros de cable telefónico en Quiroga

A Garda Civil de Lugo investiga a catro veciños de Ponteareas como presuntos autores...

O PP de Lugo denuncia un “estado total de abandono” do Museo Interactivo de Historia

O Partido Popular de Lugo acusou ao Goberno local de ter "nun estado total...

Preestrea do filme ‘Sirat’ de Óliver Laxe en Navia de Suarna este domingo

O director galego Oliver Laxe preestreará a súa nova película 'Sirat' este próximo domingo,...