InicioLugo e contornaLugoLugo aproba as axudas definitivas para mercar libros e material escolar

Lugo aproba as axudas definitivas para mercar libros e material escolar

As familias beneficiarias recibirán 100 euros cada unha, cun investimento municipal de 40.000 euros

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo aprobou definitivamente a concesión das 400 axudas destinadas a familias con escasos recursos para a adquisición de libros de texto e material educativo para o curso escolar 2026-2027.

As axudas teñen unha contía individual de 100 euros, o que supón un investimento municipal total de 40.000 euros. A convocatoria recibiu un total de 575 solicitudes e, unha vez completado o proceso de revisión e resoltas as alegacións, procedeuse á aprobación definitiva das persoas beneficiarias.

A resolución definitiva dá continuidade ao compromiso do Goberno municipal de facilitar o acceso ao material educativo ás familias con menos recursos e favorecer a igualdade de oportunidades no ámbito educativo.

A listaxe provisional foi aprobada en xullo e a Comisión de Valoración reuniuse o pasado 19 de agosto para resolver as alegacións e formular a proposta definitiva, que agora queda aprobada.

As persoas beneficiarias poderán recoller os seus vales entre o 15 e o 26 de setembro nas oficinas do Servizo de Educación do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra. Os vales poderán empregarse ata o 10 de outubro nos establecementos do termo municipal de Lugo adheridos á convocatoria.

O Concello destaca, ademais, o esforzo realizado para axilizar a tramitación das axudas e garantir que poidan estar dispoñibles antes do inicio do curso escolar.

Como referencia, o pasado ano a listaxe provisional das axudas correspondentes ao curso 2025-2026 fora publicada o 19 de agosto, cando aínda estaba aberto o prazo de reclamacións. Este ano, nesa mesma altura do mes, o Concello xa conta coa adxudicación definitiva das 400 axudas.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia recibe o Cónsul Xeral de Portugal en Galicia para abordar novas vías de colaboración con Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Turismo e Museos, recibiu...

O antigo colexio do Sagrado Corazón xa é dos lucenses trala sinatura hoxe da acta de expropiación

O antigo colexio do Sagrado Corazón volve ser desde hoxe dos lucenses. Desde as...

Lugo formaliza a ocupación dos terreos para o novo centro de saúde do Sagrado Corazón

O proxecto para construír o novo centro de saúde do Sagrado Corazón, en Lugo,...

A ‘XLVIII Semana de Cinema de Lugo’ traerá 130 películas e unha programación paralela do 21 ao 26 de setembro

A 'XLVIII Semana de Cinema de Lugo' celebrarase do 21 ao 26 de setembro...