InicioLugo e contornaLugoLugo Limpa a súa campaña no mes de setembro logo de repartir...

Lugo Limpa a súa campaña no mes de setembro logo de repartir 200 kits hixienizantes

O Concello de Lugo a través da área de Mobilidade e Obras está a poñer en marcha un plan de renovación e mellora das paradas do transporte urbano así como a reparación e reposición doutras que presentan danos ou un notable deterioro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A campaña Lugo Limpa, impulsada polo Concello de Lugo a través da Concellería de Benestar Animal, continuará en setembro con novas accións de sensibilización e reparto gratuíto de kits hixienizantes nos barrios da cidade. Nas dúas xornadas de reparto celebradas na Casa do Concello entregáronse preto de 200 kits, que inclúen unha botella pregable e vinagre de limpeza para diluír os ouriños  dos cans.

A concelleira de Benestar Animal, Mar Carballas, destacou a boa acollida da iniciativa e agradeceu a participación da cidadanía:”Estamos moi satisfeitos coa acollida que tivo Lugo Limpa. Estas dúas xornadas demostraron que hai moitos lucenses concienciados e dispostos a colaborar para manter a nosa cidade máis limpa. Ter animais é perfectamente compatible con coidar os espazos públicos e cunha boa convivencia entre todos”.

A campaña, baixo o lema “O teu xesto fai cidade”, terá continuidade a partir de setembro en distintos barrios de Lugo, achegando os kits directamente á veciñanza e reforzando a concienciación sobre a responsabilidade das persoas propietarias. “Non queremos que Lugo Limpa sexa unha acción puntual. Imos continuar nos barrios para seguir reforzando a concienciación e chegar cada vez a máis persoas”, sinalou Carballas.

RENOVACIÓN MARQUESIÑAS

O Concello de Lugo a través da área de mobilidade e obras está a poñer en marcha un plan de renovación e mellora das paradas do transporte urbano, que contempla unha primeira fase a instalación de sete novas marquesiñas en diferentes puntos do municipio, así como a reparación e reposición doutras que presentan danos ou un notable deterioro.

Os traballos xa están en marcha e dúas das novas marquesiñas, situadas na avenida de Magoi e na avenida Fábrica da Luz, xa foron colocadas. Ambas están pendentes dos últimos traballos de montaxe, como a instalación das cristaleiras e do pavimento, para completar a actuación. O obxectivo é mellorar as condicións nas que a cidadanía agarda polo autobús urbano, ofrecendo maior protección fronte á choiva, o vento ou o sol e facilitando unhas condicións máis adecuadas para as persoas usuarias do servizo.

A marquesina de Magoi converteuse nun exemplo visible da falta de xestión do anterior goberno local xa que permitiron que durante máis de ano e medio estivese inutilizada. O concelleiro de mobilidade explicaba que “permaneceu durante longo tempo danada tras sufrir un accidente de circulación e, posteriormente, foi retirada, polo que a parada quedou sen este elemento de protección para as persoas usuarias”.

O concelleiro de mobilidade e obras, Antonio Ameijide, destaca que a mellora dos servizos públicos tamén pasa por atender e resolver as cuestións do día a día. “A xestión municipal tamén consiste en atender estas cuestións básicas. Esta marquesiña estivo durante moito tempo danada, posteriormente foi retirada e o problema quedou sen resolver. Queremos que as persoas que utilizan o transporte urbano conten con paradas en condicións adecuadas e imos avanzar progresivamente nesa mellora“, sinalan desde o Goberno local.

+ posts

ÚLTIMAS

Unha colisión entre unha furgoneta e un camión deixa un ferido atrapado en Castro de Rei

O condutor dunha furgoneta resultou ferido este venres nun accidente de tráfico rexistrado na...

Candia recibe o Cónsul Xeral de Portugal en Galicia para abordar novas vías de colaboración con Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Turismo e Museos, recibiu...

O antigo colexio do Sagrado Corazón xa é dos lucenses trala sinatura hoxe da acta de expropiación

O antigo colexio do Sagrado Corazón volve ser desde hoxe dos lucenses. Desde as...

Lugo formaliza a ocupación dos terreos para o novo centro de saúde do Sagrado Corazón

O proxecto para construír o novo centro de saúde do Sagrado Corazón, en Lugo,...