Home Lugo e contorna Lugo O PSOE de Lugo acusa á alcaldesa de bloquear 2,7 millóns para pagar a provedores para “outros intereses políticos”

O PSOE de Lugo acusa á alcaldesa de bloquear 2,7 millóns para pagar a provedores para “outros intereses políticos”

0
O PSOE de Lugo acusa á alcaldesa de bloquear 2,7 millóns para pagar a provedores para “outros intereses políticos”
A portavoz do PSOE no Goberno local de Lugo, Ana González Abelleira.. CONCELLO DE LUGO

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista en Lugo, Ana González Abelleira, acusou á alcaldesa, Elena Candia, de manter bloqueado “deliberadamente” o pago de máis de 2,7 millóns de euros correspondentes a 542 facturas con obxectivo de “reservar eses recursos económicos para outros fins políticos”.

Segundo denunciou a socialista, o goberno local “négase a tramitar o procedemento administrativo previsto na normativa para levantar os reparos, realizar a correspondente imputación orzamentaria e proceder ao pago das facturas”.

No seu lugar, apuntou, “pretende trasladar esa responsabilidade ao Pleno” mediante unha proposición que tachou de “totalmente esteril” e que, ao seu xuízo, “non é máis que unha cortina de fume para evitar asumir unha decisión que a lei atribúe ao goberno municipal”.

“Candia está a se esconder detrás dos grupos políticos para non facer o que lle corresponde como alcaldesa. Pretende converter unha responsabilidade administrativa propia nun debate político para repartir o desgaste e evitar asumir as consecuencias da súa decisión”, censurou González Abelleira.

+ posts