InicioPolíticaO PPdeG anuncia 17.500 persoas dependentes atendidas na provincia a pesar dos...

O PPdeG anuncia 17.500 persoas dependentes atendidas na provincia a pesar dos “recortes de Pedro Sánchez”

Ademais destes e outros programas deseñados a favor do envellecemento activo, lembraron que o Executivo galego conta coa Estratexia contra a Soidade non Desexada e a Estratexia contra o Edadismo, co obxectivo de "previr, detectar e actuar" ante estas problemáticas que poden xurdir ao chegar á vellez.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os deputados do Grupo Popular Raquel Arias e José Luís Novo avanzaron este luns que a cifra de persoas dependentes atendidas na provincia de Lugo supera xa as 17.500, “a pesar dos recortes de Pedro Sánchez”, e celebraron que “grazas ás achegas da Xunta, Galicia é unha das autonomías que mellor xestionan a dependencia”.

Os deputados populares acusaron ao presidente do Goberno de “abandonar aos dependentes galegos” e insistiron en que “o que ten que facer é pagar o 50% da factura da dependencia, tal como establece a lei, un compromiso que vén incumprindo sistematicamente”.

“Neste exercicio 2026, Galicia investiu en dependencia 885 millóns de euros, un 22,4% máis respecto ao ano anterior, e case catro veces máis que na época do bipartito. Esta é a realidade, fronte as promesas de Sánchez”, destacaron os deputados.

Doutra banda, nun recente encontro con persoas maiores do concello de Rábade, trasladaron os “múltiples beneficios” de iniciativas como o Carné +65, Benestar en Balnearios ou Xuntos polo Nadal, postas en marcha pola Consellería de Política Social e Igualdade, que “fomentan unha vellez activa e saudable” e “contribúen a mellorar o seu benestar”.

Ademais destes e outros programas deseñados a favor do envellecemento activo, lembraron que o Executivo galego conta coa Estratexia contra a Soidade non Desexada e a Estratexia contra o Edadismo, co obxectivo de “previr, detectar e actuar” ante estas problemáticas que poden xurdir ao chegar á vellez.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG de Lugo asegura que “os informes independentes desmontan o relato de descontrol” que levou a Candia á alcaldía

A portavoz do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, puxo en valor os resultados...

A Deputación abre a vía para desbloquear a Casona do Incio

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, avanzou este martes que a institución...

O Concello de Lugo inicia o diálogo coas traballadoras do SAF de cara á mellora do servizo

O Goberno de Lugo mantivo unha primeira reunión co comité de empresa do Servizo...

A Deputación colabora co Agrocuir de 2026 para un rural diverso, libre e inclusivo

  A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou...