InicioLugo e contornaLugoReunión Concello de Lugo empresarios dos polígonos para explicar os novos proxectos...

Reunión Concello de Lugo empresarios dos polígonos para explicar os novos proxectos para estas superficies

Trátase dunha proposta que permitiría aproveitar espazos actualmente sen uso, sen descartar o desenvolvemento doutros proxectos que poidan dar resposta ás necesidades trasladadas polo tecido empresarial.

PUBLICADA O

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, xunto co concelleiro Antonio Ameijide, mantiveron unha reunión de traballo coa directiva dos empresarios dos polígonos de O Ceao e As Gándaras para explicar os proxecto nos que traballa o actual equipo de gobernos.
Durante o encontro, a alcaldesa informou do inicio da contratación do aparcadoiro que se ubicará no  Parque de Enerxías Alternativas, unha instalación que está desmantelada e para a cal hai un proxecto xa definido. O investimento é de  400.000 € e suporá a creación de 116 prazas, con prazas con cargadores para vehículos eléctricos e tamén para persoas con  mobilidade reducida. Esta actuación que permitirá mellorar a capacidade de estacionamento nesta contorna empresarial onde hai unha gran demanda de espazos para aparcar.
Así mesmo, trasladouse aos empresarios que o Concello está traballando nos proxectos de abastecemento e saneamento do Ceao, unha actuación que contará cun investimento superior aos 1,145.000 millóns de euros e que permitirá continuar mellorando as infraestruturas básicas do polígono.
O Goberno municipal está a analizar posibles usos para edificios municipais situados na contorna de ambos polígonos industriais, entre eles a implantación de servizos vinculados á conciliación. Trátase dunha proposta que permitiría aproveitar espazos actualmente sen uso, sen descartar o desenvolvemento doutros proxectos que poidan dar resposta ás necesidades trasladadas polo tecido empresarial.
A seguridade foi outro dos asuntos centrais da reunión, unha cuestión que o Goberno municipal considera prioritaria. Así mesmo, abordouse a importancia de continuar avanzando na elaboración dun Plan de Emerxencias para os polígonos industriais, unha ferramenta clave para reforzar a coordinación e a resposta ante posibles incidencias.
Elena Candia destacou que o Concello manterá esta dinámica de traballo permanente co tecido empresarial para dar resposta ás súas necesidades e seguir impulsando actuacións que reforcen a competitividade dos polígonos industriais de Lugo.
A reunión serviu tamén para facer balance das medidas impulsadas dende a última reunión celebrada con este colectivo. Elena Candia lembrou que no anterior encontro o Concello informou aos empresarios das liñas de axudas convocadas pola Xunta de Galicia para as áreas industriais, unha iniciativa que permitiu aos polígonos acceder a 58.000 euros de financiamento, favorecendo un importante salto cualitativo na mellora destes espazos
+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...