InicioPolíticaO Concello de Lugo aproba a actualización da RPT municipal, a primeira...

O Concello de Lugo aproba a actualización da RPT municipal, a primeira desde 2020

A modificación foi consensuada por unanimidade na Mesa Xeral de Negociación, co respaldo de todas as organizacións sindicais con representación no Concello, culminando un intenso traballo de diálogo desenvolvido nas últimas semanas

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a primeira modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) desde a súa entrada en vigor no ano 2020. Trátase da primeira actualización dun documento concibido como unha ferramenta dinámica para adaptar a organización municipal ás necesidades dos servizos e á evolución da propia Administración.

A modificación foi consensuada por unanimidade na Mesa Xeral de Negociación, co respaldo de todas as organizacións sindicais con representación no Concello, culminando un intenso traballo de diálogo desenvolvido nas últimas semanas. Desde a constitución do novo Goberno municipal celebráronse tres mesas de traballo e tres mesas de negociación, que permitiron alcanzar un acordo sobre esta actualización.

A revisión da RPT incorpora melloras organizativas en diferentes áreas municipais, adapta a estrutura do Concello ás necesidades actuais dos servizos e actualiza un documento que permanecía sen modificacións desde a súa aprobación no ano 2020, contribuíndo a unha organización máis eficiente e a responder ás necesidades tanto do persoal municipal como da cidadanía.

Entre as modificacións aprobadas figura, entre outras, a adaptación da categoría profesional dos músicos da Banda Municipal, un paso imprescindible para desbloquear a reapertura da Escola Municipal de Música durante o curso 2026-2027, despois de permanecer dous cursos sen actividade así como executar as sentenzas firmes algunhas pendentes dende o ano 2021.

A Xunta de Goberno Local aprobou tamén o inicio da contratación da subministración de medallas, camisetas e trofeos destinados ás actividades organizadas pola área de Deportes, cun orzamento de 27.920 euros, garantindo o material necesario para o correcto desenvolvemento das competicións e eventos deportivos municipais.

URBANISMO

No ámbito urbanístico, a Xunta de Goberno Local concedeu licenza para a rehabilitación e ampliación dun inmoble situado na rúa San Pedro, número 36, cun investimento de 442.510 euros. Tamén se aprobou a modificación do contrato e a primeira prórroga do servizo de colaboración na inspección tributaria municipal, garantindo a continuidade deste apoio técnico entre o 28 de xullo de 2026 e o 27 de xullo de 2027.

No ámbito da conciliación, tamén se adxudicou á empresa Ludus Tempori Sociedade Cooperativa Galega o contrato para a prestación do programa municipal Camiño ás Aulas, por importe de 26.888,75 euros e cunha duración dun ano.

Este servizo facilita o acompañamento diario do alumnado dos centros públicos de Educación Infantil e Primaria ata os seus centros educativos mediante itinerarios seguros atendidos por monitores, favorecendo a autonomía dos escolares e contribuíndo á conciliación da vida familiar

X CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BARCO DRAGÓN

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, realizou hoxe unha valoración moi positiva da celebración do X Campionato de España de Barco Dragón 200 metros, organizado polo Club Cidade de Lugo de Piragüismo e a Real Federación Española de Piragüismo (RFEP), que converteu durante esta fin de semana a cidade no principal escenario nacional desta modalidade deportiva.

A rexedora destacou que a competición supuxo un importante impulso para o turismo deportivo e para a economía local, grazas á presenza en Lugo de centos de deportistas, técnicos, acompañantes e afeccionados chegados de numerosos puntos de España. Elena Candia felicitou tamén ao club lucense polos magníficos resultados acadados, que lle permitiron subir ao podio en tres ocasións e alcanzar a terceira posición por clubs no Campionato de España, así como a mesma posición na Liga Iberdrola.

Este luns tamén se deu un paso decisivo para facer realidade a ampliación da Protectora de Animais. Coa sinatura do informe-proposta do Servizo de Fomento queda rematada a tramitación técnica competencia municipal, necesaria para aprobar o convenio de colaboración entre o Concello de Lugo, a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial e a Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo. Trátase do último paso administrativo previo á aprobación do convenio na Xunta de Goberno Local, á súa sinatura polas catro partes e á tramitación económica que permitirá iniciar as obras.

O investimento ascende a 744.436,09 euros e permitirá acometer a legalización, reforma e ampliación das instalacións actuais, cunha previsión de que as obras estean executadas e xustificadas antes do 31 de decembro de 2026.

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...