InicioLugo e contornaLugoO PSdeG esixirá no Pleno da Deputación a retirada do decreto da...

O PSdeG esixirá no Pleno da Deputación a retirada do decreto da Xunta que pecha consultas e sobrecarga os PAC

A moción reclama reforzar a atención primaria, recuperar a asistencia de proximidade nos centros de saúde e garantir unha cobertura sanitaria suficiente durante o verán nunha provincia marcada pola dispersión territorial e o incremento da poboación

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Grupo Provincial Socialista esixirá no Pleno ordinario da Deputación de Lugo, que se celebrará este martes no Pazo de San Marcos, a retirada inmediata do decreto aprobado pola Xunta de Galicia que modifica o modelo de atención sanitaria dos sábados pola mañá. Os socialistas consideran que esta decisión supón un novo recorte na sanidade pública, que prexudica especialmente á provincia de Lugo ao pechar consultas nos centros de saúde, sobrecargar os Puntos de Atención Continuada (PAC) e afastar un servizo esencial da veciñanza do rural.

O PSdeG denuncia que, unha vez máis, o Goberno galego pretende resolver os problemas estruturais da sanidade pública reducindo servizos en lugar de reforzalos. A moción critica que a Xunta responda á falta de planificación e de persoal cun decreto que concentra a asistencia nos PAC e obriga a milleiros de persoas a desprazarse máis lonxe para recibir atención sanitaria, nunha provincia marcada polo envellecemento da poboación, a dispersión xeográfica e as dificultades de mobilidade.

Os socialistas consideran especialmente grave que esta reorganización se aprobase sen diálogo nin consenso cos profesionais sanitarios, modificando as súas condicións laborais de maneira unilateral e incrementando a carga asistencial dun servizo que xa sofre importantes dificultades pola falta de recursos e de persoal. Ao seu xuízo, a Xunta traslada aos traballadores e traballadoras as consecuencias da súa propia xestión, poñendo en risco a calidade da atención que recibe a cidadanía.

Para o Grupo Provincial Socialista, este decreto representa unha nova forma de entender a sanidade pública baseada nos recortes, na centralización dos servizos e no progresivo abandono da atención sanitaria de proximidade. Advirte de que pechar consultas nos centros de saúde para concentrar a asistencia nos PAC non reforza o sistema, senón que empeora a accesibilidade, incrementa as desigualdades territoriais e debilita a atención primaria, precisamente o piar fundamental do sistema sanitario público.

Na moción que defenderá o PSdeG, reclámase á Xunta a anulación do decreto aprobado no mes de abril e a recuperación do modelo asistencial anterior. Tamén solicita a creación dun espazo de traballo cos profesionais da atención primaria e dos PAC para elaborar un informe técnico que analice as necesidades reais do servizo e propoña solucións consensuadas, sostibles e centradas na mellora da asistencia sanitaria.

A iniciativa inclúe, ademais, a demanda de que a Xunta sitúe o reequilibrio territorial como un obxectivo prioritario da súa política sanitaria, reforzando a presenza dos servizos públicos nos concellos con maiores dificultades demográficas e de acceso á atención médica. Neste sentido, os socialistas lembran que garantir a igualdade no acceso á sanidade tamén significa asegurar que vivir no rural non supoña dispoñer de menos recursos nin de peores servizos públicos.

O Grupo Provincial Socialista reclama igualmente medidas específicas para facer fronte ao incremento da demanda asistencial durante os meses de verán, cando a provincia de Lugo multiplica a súa poboación en numerosos municipios grazas ao turismo, ao retorno de emigrantes e á celebración de festivais e eventos que concentran milleiros de persoas. Considera imprescindible anticiparse a esta realidade reforzando os dispositivos sanitarios e evitando que a presión asistencial recaia sobre uns PAC que xa funcionan ao límite da súa capacidade.

“O acceso á sanidade pública non pode depender do lugar no que se viva nin converterse na vítima permanente das decisións políticas da Xunta”, sostén o Grupo Provincial Socialista, que defenderá no Pleno da Deputación unha moción para reclamar ao Goberno galego que abandone a política de recortes, recupere o diálogo cos profesionais e garanta unha atención sanitaria pública, próxima e de calidade para todos os veciños e veciñas da provincia de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

A Deputación comeza as obras na vía de Louxas en Navia de Suarna

  A Deputación de Lugo vén de iniciar os traballos de rehabilitación da vía LU-P-3506,...

A socialista González Abelleira reclama a Candia o aparcadoiro proxectado para o Ceao

A voceira adxunta lembra que o proxecto  conta cun orzamento de 450.000 euros, está...

A Deputación colabora con Xuvenciencia no Campus Terra para fomentar a curiosidade científica entre os máis novos

  O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participou este luns...