InicioLugo e contornaLugoTraslado do "3X3 deporte na rúa" ao mes de setembro debido á...

Traslado do “3X3 deporte na rúa” ao mes de setembro debido á calor acumulada en Lugo

Aínda que as temperaturas experimenten un descenso durante a fin de semana do 26 ao 29 de xuño, a inercia térmica acumulada no asfalto e o estrés térmico previo da poboación desaconsellan a práctica deportiva exterior.

PUBLICADA O

A gran cita reprogramase para os días 11, 12 e 13 de setembro, transformándose no gran evento de apertura do curso deportivo e escolar e da nova tempada deportiva en Lugo.
A organización do evento “3×3 Deporte na Rúa”, en coordinación coas autoridades municipais e de saúde pública, tomou a decisión de aprazar a celebración das actividades programadas para a vindeira fin de semana do 26 ao 29 de xuño. Tras unha rigorosa avaliación das condicións ambientais, o evento trasladarase de forma oficial aos días 11, 12 e 13 de setembro.
A medida responde estritamente a criterios de responsabilidade, prevención e protección da saúde dos participantes, especialmente dos menores de idade e das persoas maiores.
O risco invisible: a inercia térmica
Os informes técnicos advirten de que Lugo acumulará valores térmicos extremadamente altos ata a xornada do xoves. Os expertos sinalan que, aínda que os termómetros marquen un descenso puntual das temperaturas a partir do venres, as infraestruturas urbanas, as prazas e o asfalto reteñen a calor absorbida durante os días previos. Este fenómeno de “inercia térmica”, sumado ao estrés físico e á fatiga que os corpos xa arrastran debido ás noites tropicais da semana, xera un escenario de risco para a práctica de exercicio físico intenso ao aire libre. A organización priorizou a seguridade cidadá para evitar golpes de calor, deshidratacións ou síncopes nun pavimento recalentado.
Setembro: O gran pistoletazo de saída á tempada
Lonxe de suspenderse, “3×3 Deporte na Rúa” se reformula noutras datas para converterse no gran dinamizador do inicio do curso. As novas datas elixidas (11, 12 e 13 de setembro) coincidirán plenamente co arranque do curso deportivo e  escolar e o inicio da actividade dos clubs, escolas deportivas e ximnasios de Lugo.
O evento transformarase así nunha grande festa de benvida e no pistoletazo de saída idóneo para a nova tempada, servindo ademais como o mellor escaparate urbano para que os mozos e as familias descubran e elixan as súas actividades deportivas de cara ao inverno, baixo unhas condicións climatolóxicas moito máis benignas e seguras.
Garantías para os inscritos
A organización confirma que todas as inscricións xa realizadas seguen sendo plenamente válidas para as novas datas de setembro, polo que os participantes actuais teñen a súa praza asegurada de xeito automático sen necesidade de realizar ningún trámite adicional. Desde a organizacion agradécese de antemán a total comprensión da cidadanía, os clubs colaboradores e os patrocinadores ante unha decisión na que la saúde pública e o sentido da responsabilidade foron a única prioridade
+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo comunica a disposición para recibir parcialmente a urbanización no polígono 1 e 2

O Concello de Lugo deu un paso decisivo para culminar a regularización urbanística dos...

A cova de Eirós e outras do oriente foron refuxios climáticos para neandertais e sapiens

Unha nova investigación no xacemento arqueolóxico da Cova Eirós, en Triacastela permitiu profundar no...

Alerta amarela na montaña de Lugo por treboadas este martes

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou unha alerta amarela por treboadas para este martes,...

Ratifican a absolución para un acusado de agresión sexual a un menor do que descoñecía a súa idade

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...