InicioLugo e contornaLugoPolémica no Consello Escolar de Lugo: Erguer denuncia a "expulsión" do seu...

Polémica no Consello Escolar de Lugo: Erguer denuncia a “expulsión” do seu voceiro e o Concello sinala repetidas “interrupcións”

A organización tiña a intención de presentar unha ampla batería de cuestións dirixidas tanto ao Concello de Lugo como á Xunta de Galicia sobre todas as etapas educativas, mais a súa participación quedou truncada debido á expulsión do seu voceiro durante o transcurso da sesión

PUBLICADA O

- Advertisement -

O primeiro Consello Escolar Municipal co novo concelleiro de Educación de Lugo, Javier Vázquez, estivo marcado pola polémica. A organización estudantil Erguer. Estudantes da Galiza denunciou publicamente o que cualifica como un “episodio de censura e actitude antidemocrática” por parte do edil ao expulsar da sesión ao seu responsábel de zona, impedindo o desenvolvemento da intervención que tiñan prevista. Pola súa banda, a versión oficial sinala que a medida se tomou tras reiterados requirimentos ao representante para que permitise o normal desenvolvemento da sesión. Segundo se indicou, despois de aclararlle que podería intervir na quenda de rogos e preguntas, solicitóuselle que abandonase a reunión ao persistir na interrupción do órgano, limitándose a actuación a garantir o correcto funcionamento e o respecto á orde do día.

Desde Erguer sosteñen que este feito evidencia unha deriva preocupante cara á limitación da participación estudantil e ao silenciamento de voces críticas dentro dos espazos de representación educativa. A organización tiña a intención de presentar unha ampla batería de cuestións dirixidas tanto ao Concello de Lugo como á Xunta de Galicia sobre todas as etapas educativas, mais a súa participación quedou truncada debido á expulsión do seu voceiro durante o transcurso da sesión.

No eido universitario, unha das principais reclamacións que Erguer pretendía poñer encima da mesa era a demanda dunha Facultade de Enfermaría propia para Lugo, unha proposta que salientan está respaldada pola recollida de máis de 2.500 sinaturas. Así mesmo, os estudantes querían abordar diversas problemáticas relacionadas cos servizos e as infraestruturas, como a eliminación do transporte público gratuíto para as actividades dos centros educativos, as deficiencias nas actividades extraescolares tras a rescisión do contrato coa empresa xestora, a falta de instalacións deportivas e a falta de apertura de espazos escolares fóra do horario lectivo.

O transporte e a Formación Profesional tamén formaban parte do eixe da intervención censurada. No ámbito da FP e das prácticas formativas, ERGUER tiña previsto denunciar as condicións nos centros municipais e reclamar garantías para unhas prácticas dignas. Do mesmo xeito, poñíase o foco na escaseza de prazas en residencias estudantís e na súa relación cun transporte interurbano insuficiente, o cal dificulta seriamente a mobilidade do estudantado.

Por último, o colectivo estudantil quería esixir explicacións sobre a xestión das obras no IES Lucus Augusti, cuestionando a falta de transparencia e participación. Para rematar, a organización pretendía criticar decisións municipais como a eliminación da Área de Promoción da Lingua e a retirada da bandeira de Palestina do Vello Cárcere, medidas que consideran unha mostra clara da orientación política do goberno local en materia de lingua e solidariedade internacional.

+ posts

ÚLTIMAS

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...

Inician en Pastoriza o estendido do aglomerado na estrada de Meira a Fonmiñá

  A Deputación de Lugo vén de iniciar o estendido do aglomerado en quente na...

Declaración negativa para o parque eólico ‘Navallos’, entre Castroverde e Baralla, por efecto sobre avifauna

A Xunta formulou declaración de impacto ambiental desfavorable ao proxecto de parque eólico 'Navallos',...