InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo asina acordos para mercar terreos para a conexión...

O Concello de Lugo asina acordos para mercar terreos para a conexión da Intermodal coa cidade

O proxecto completo inclúe tamén un elevador panorámico con capacidade para 12 persoas, situado entre as rúas Alta e Miguel de Cervantes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Urbanismo, Ramón Cabarcos, informaron de que hoxe se asinan os acordos que permitirán ao avanzar na obtención dos terreos necesarios para impulsar a mellora da accesibilidade entre a estación intermodal e a Ronda da Muralla.

Os terreos que pasan a ser de titularidade municipal corresponden á franxa situada ao longo do edificio administrativo multiusos da Xunta de Galicia, entre a rúa Miguel de Cervantes e a Ronda da Muralla, un espazo imprescindible para executar a futura pasarela mecánica cuberta incluída no proxecto presentado polo Partido Popular o 13 de maio de 2025

Os trámites da actuación avanzan tanto coa consecución deste solo como coa modificación puntual do PXOM necesaria para facer viable o proxecto, un documento que xa se está ultimando e que proximamente será levado ao Pleno para a súa aprobación.

A intervención contempla unha pasarela mecánica cuberta estruturada en cinco tramos de aproximadamente 32 metros cada un, que discorrerá paralela á fachada dereita do edificio multiusos da Xunta. Esta actuación forma parte dunha proposta máis ampla para conectar a nova Intermodal co centro histórico de Lugo mediante un percorrido accesible, cómodo e integrado no espazo urbano.

O proxecto completo inclúe tamén un elevador panorámico con capacidade para 12 persoas, situado entre as rúas Alta e Miguel de Cervantes.

Con esta actuación preténdese salvar os 27 metros de desnivel e os máis de 400 metros de distancia existentes entre a estación intermodal e a contorna da Muralla, mellorando a conexión cos barrios da Estación, Sagrado Corazón e Paradai.

Elena Candia destacou que este proxecto constitúe unha prioridade para o actual Goberno local e lembrou que, tal e como se avanzou durante o debate da moción de censura, o Executivo municipal vai priorizar dúas actuacións estratéxicas vinculadas ao desenvolvemento do Novo Norte: a mellora desta conexión coa Intermodal e o impulso das infraestruturas de abastecemento nos polígonos industriais.

A alcaldesa sinalou ademais que o Concello continúa traballando para conseguir os fondos necesarios que permitan facer realidade este proxecto de transformación urbana e mellora da mobilidade.

+ posts

ÚLTIMAS

O Vello Cárcere será declarado Lugar de Memoria Democrática

O portavoz do PSOE de Lugo, Miguel Fernández, confirmou este martes que O Vello...

Policías nacionais e gardas civís pechan en Lugo a súa Marcha pola Dignidade Policial denunciando a falta de medios

Axentes da Policía Nacional e da Garda Civil concentráronse este martes en Lugo dentro...

Un incendio forestal en Xermade queima máis de 20 hectáreas nunha tarde de lumes en Galicia

A Consellería do Medio Rural mobiliza nove aeronaves para sufocar o foco activo en Roupar, mentres Boborás baixa a Situación 2 tras arrasar 230 hectáreas e Padrón queda estabilizado.

O PP leva ao Senado a falta de cobertura móbil e fibra no rural de Lugo

A Comisión de Transformación Dixital do Senado debaterá e votará este martes unha iniciativa...