InicioSucesosInterceptado en Lugo bébedo e circulando en dirección contraria

Interceptado en Lugo bébedo e circulando en dirección contraria

A Policía Local dá o alto a un sesaxenario que conducía polo carril contrario da Ronda de Fingoi, imputado por un delito contra a seguridade viaria

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou a un condutor cando conducía en dirección contraria, e que resultou estar baixo os efectos do alcohol. O home está investigado por un delito contra a seguridade viaria e foi citado para un xuízo rápido.

O implicado, un varón de 60 anos, circulaba na madrugada do martes pola Ronda de Fingoi, coa particularidade de que procedía en dirección contraria. A Policía Local advertiu a infracción e procedeu a interceptar o vehículo, de matrícula 8984-GZD.

Segundo o relato policial, os axentes observaron no condutor “síntomas de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas”, polo que foi sometido ás correspondentes probas. O resultado foi positivo, con 0,94 e 0,86 miligramos por litro de aire expirado, o triplo da taxa legal.

A Unidade de Atestados da Policía Local procedeu a imputar un delito contra a seguridade viaria a F.J.V.A., natural de Madrid. O infractor terá que comparecer para un xuízo rápido.

ÚLTIMAS

Extinguido o incendio forestal e de Pantón que calcinou 31 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informou de que está estabilizado un incendio forestal rexistrado...

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...