InicioLugo e contornaLugoLara Méndez denuncia que "a historia máis escura de Lugo leva o...

Lara Méndez denuncia que “a historia máis escura de Lugo leva o nome de Elena Candia”

A exalcaldesa de Lugo e actual viceportavoz parlamentaria do PSdeG, pronunciouse deste xeito ás portas do Concello de Lugo, onde participou na protesta contra a moción de censura convocada de forma paralela á celebración do pleno que levou á líder do PP de Lugo a facerse co bastón de mando da cidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

A exalcaldesa de Lugo e actual viceportavoz parlamentaria do PSdeG, Lara Méndez, asegurou que “a historia máis escura dos últimos anos na cidade leva o nome de Elena Candia”.

A dirixente socialista pronunciouse deste xeito ás portas do Concello de Lugo, onde participou na protesta contra a moción de censura convocada de forma paralela á celebración do pleno que levou á líder do PP de Lugo a facerse co bastón de mando da cidade.

Na súa intervención, Lara Méndez subliñou a “indignación maioritaria” de toda unha cidade ante a moción de censura impulsada por Candia “coas súas praxes habituais” e o “mercadeo dunha tránsfuga” para chegar a unha alcaldía que non logrou nas urnas.

Méndez lembrou que nos comicios de 2023 os veciños de Lugo decidiron que na cidade houbese un goberno progresista e censurou que Candia utilice a “dor dunha cidade”, con tres compañeiros das filas socialistas falecidos”. “Unhas circunstancias” que, segundo sinalou, “non se dan en ningunha outra moción de censura e demostra que tipo de persoas son”.

Neste sentido, lembrou que Elena Candia foi tamén a que presentou os “anónimos” contra o actual secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, e que agora, tras ese episodio, válese dunha tránsfuga co uso das institucións autonómicas para “comprar vontades” a través da Axencia Galega de Turismo.

Ademais, respondeu ás acusacións do conselleiro de Presidencia e líder do PP da Coruña, Diego Calvo, que a culpou no Parlamento da situación. Así, lembrou que cando ela deixou o Concello, quedou unha “situación consolidada” con Paula Alvarellos como rexedora.

Devandito isto, lembrou que pese ao falecemento de Alvarellos, o goberno logrou recomporse e situar a Miguel Fernández á fronte dun equipo que “facía o seu traballo”. Todo iso, apuntou, ata que chegou Reigosa, unha persoa “puxo prezo” e que, segundo indicou, non foi a primeira á que “tocou” Elena Candia.

+ posts

ÚLTIMAS

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

Centos de persoas protestan en Lugo pola retirada da bandeira palestina do Vello Cárcere tras a chegada de Elena Candia á Alcaldía

Centos de persoas concentráronse este sábado en Lugo para rexeitar a retirada da bandeira...

Elena Candia acompaña á Garda Real en Lugo no seu segundo día como alcaldesa

Elena Candia participou este sábado nos actos organizados pola Garda Real na cidade de...

Candia e Reigosa xuntas en varios actos protocolarios municipais

A concelleira non adscrita de Lugo, María Reigosa, participou este venres en varios actos...