A portavoz do Grupo Municipal do PP en Lugo, Elena Candia, anunciou que a súa formación vai impulsar unha iniciativa para que “todas as administracións traballen de maneira coordinada coa Xunta de Confrarías para conseguir a declaración da Semana Santa de Lugo como Festa de Interese Turístico Nacional”.
Candia puxo en valor que “Lugo ten unha Semana Santa con identidade propia, recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia desde o ano 2018, e que creceu grazas ao compromiso das confrarías e á implicación de moitas persoas que, ano tras ano, manteñen viva esta tradición”.
Así mesmo, a popular quixo tamén “recoñecer e agradecer o traballo de todo o persoal municipal que fai posible o bo desenvolvemento e estes días, contribuíndo a que Lugo ofreza a súa mellor imaxe”.
