InicioLugo e contornaLugoO PP pide un plan urxente de melloras no polígono industrial do...

O PP pide un plan urxente de melloras no polígono industrial do Ceao-As Gándaras

“Falamos dun polígono moderno, preparado para atraer empresas e investimento, pero que precisa dun mantemento constante para conservar esa calidade”, sinalan desde o Grupo Popular.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os populares denuncian que existen problemas graves de conservación e abandono nesta área industrial, que afectan tanto á mobilidade como ás condicións nas que traballan centos de persoas así como aos seus usuarios.

Entre os exemplos máis evidentes citan a situación da rúa dos Carros, onde existe un boquete no medio da vía que leva anos sinalizado coas vallas do Concello, sen que se teña solucionado.

Desde o Grupo Popular subliñan que non se trata dun feito illado, senón dun conxunto de deficiencias que van dende sumidoiros tupidos que provocan inundacións cando chove e unha sinalización e mobiliario urbano deteriorado

Antonio Ameijide fixo un especial fincapé na situación do polígono das Gándaras, unha área industrial de recente creación impulsada pola Xunta de Galicia, e que recibiron en perfectas condicións, que conta con infraestruturas modernas e que está considerado como un polígono cinco estrellas, polas prestacións que ofrece.

O Concello está a demostrar unha preocupante falta de mantemento neste espazo, con exemplos como desaparción de sinais, ou alcantarillas sen tapa que tardan meses en reparar ou non reparan, problemas de conservación nas vías ou falta de limpeza en distintas zonas

“Falamos dun polígono moderno, preparado para atraer empresas e investimento, pero que precisa dun mantemento constante para conservar esa calidade”, sinalan desde o Grupo Popular.

Para Ameijide, esta situación evidencia inacción por parte do goberno local nun ámbito clave para a economía da cidade.

A iniciativa que levarán ao pleno os populares tamén inclúe medidas para mellorar o transporte público nos polígonos industriais, xa que, segundo explican, o servizo actual é claramente insuficiente.

Neste sentido, denuncian que tanto no polígono das Gándaras como no Ceao as frecuencias seguen sendo escasas e non se adaptan aos horarios de entrada e saída dos traballadores. Por iso propoñen incrementar as frecuencias, adaptar os horarios ao funcionamento da zona industrial e ampliar as paradas existentes.

Outra das prioridades que defende o Grupo Popular é reforzar a seguridade e mellorar a mobilidade nestes espazos, resolvendo problemas relacionados coa sinalización, a pavimentación ou o mantemento das medianas e das zonas verdes

Coidar dos polígonos industriais é tamén coidar das empresas e das persoas que crean emprego en Lugo”, sinalan desde o Grupo Popular, que considera imprescindible actuar para que estas áreas sexan espazos seguros, cómodos e atractivos para investir, traballar e comprar.


+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...