InicioPolíticaBesteiro acusa á Xunta de actuar "de costas ás persoas" en política...

Besteiro acusa á Xunta de actuar “de costas ás persoas” en política social

O xefe de filas do PSdeG criticou "a falta de investimento" nun "alicerce fundamental" para o benestar dos maiores e sostivo que "cando por fin se move algo, demostran que falla o enfoque".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao Goberno galego de xestionar a política social de “costas ás persoas” durante a concentración de familiares e usuarios da residencia de maiores das Gándaras, en Lugo.

O xefe de filas do PSdeG participou na protesta xunto co alcalde da cidade, Miguel Fernández, para acompañar aos familiares e usuarios que se mobilizan desde finais de novembro en protesta pola reforma “imposta” desde a Xunta e que denuncian que “afecta directamente á calidade de vida e ao benestar dos residentes”.

O líder dos socialistas galegos puxo o caso desta residencia como mostra do que PSdeG “leva anos denunciando”: “que a política social en Galicia chega tarde e mal, despois de que a Xunta iniciase unha reforma que non ten en conta a necesidade de intimidade e a tranquilidade dos usuarios”.

Así, aludiu a que este proxecto vai incorporar habitacións compartidas eliminando un único espazo privado do que dispuñan os residentes.

O xefe de filas do PSdeG criticou “a falta de investimento” nun “alicerce fundamental” para o benestar dos maiores e sostivo que “cando por fin se move algo, demostran que falla o enfoque”.

Besteiro sinalou que os “servizos públicos de coidados necesitan máis recursos, pero tamén outra maneira de facer as cousas” porque, engadiu, “non é suficiente con anunciar reformas, senón que hai que escoitar, planificar e pór ás persoas no centro”.

O responsable socialista tomou a palabra durante a protesta para reclamar que “se esta intervención é unha oportunidade, que o sexa de verdade” e que sirva para “mellorar as condicións e non para xerar máis incerteza”.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...