Home Lugo e contorna Lugo O Parlamento pide á Xunta tratar cos usuarios a remodelación da residencia das Gándaras

O Parlamento pide á Xunta tratar cos usuarios a remodelación da residencia das Gándaras

0
O Parlamento pide á Xunta tratar cos usuarios a remodelación da residencia das Gándaras
Residencia de maiores As Gándaras, en Lugo | Google Maps

A Cámara galega instou á Xunta a dialogar cos usuarios da residencia das Gánadaras de Lugo para escoitar as súas demandas sobre as obras de remodelación.

A iniciativa, defendida polo Bloque Nacionalista Galego, saíu adiante por unanimidade dos grupos na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego.

En concreto, o texto insta á Xunta a “abrir un espazo de diálogo cos usuarios da residencia das Gándaras sobre as obras de remodelación previstas neste centro” para “escoitar as súas opinións e preferencias respecto diso”.

+ posts