Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a unha muller como presunta autora dunha simulación de delito, tras denunciar que foi vítima dun falso roubo con forza.
Segundo informaron fontes policiais, a investigación iniciouse despois de que a muller interpuxese unha denuncia, asegurando que, o pasado mes de novembro, foi vítima dun roubo polo método do tirón, na Avenida da Coruña.
A denunciante relatou que un individuo lle arrebatou o bolso, co seu teléfono móbil e documentación bancaria, e que logo fuxira en patinete.
A investigación iniciouse tras a denuncia desta persoa, que dixo sufrir un roubo con violencia a finais do mes de novembro, facendo referencia a un tirón de bolso na vía pública, tras o que o autor fuxiría en patinete. Así mesmo, asegurou que o suposto ladrón realizara cargos non autorizados na súa conta cos cartóns bancarios roubadas.
As pescudas policiais, que incluíron o visionado de cámaras de seguridade e comprobación de movementos bancarios, permitiron concluír que non se produciu ese roubo, polo que se procedeu á detención da muller como presunta autora dunha simulación de delito.
