InicioSucesosA navalladas nun centro social de Lugo por unha partida de dominó

A navalladas nun centro social de Lugo por unha partida de dominó

A liorta involucrou a dous usuarios do centro Maruja Mallo, de avanzada idade, que discutían polo dominó e aos que se lles interviron senllas navallas

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE – A Policía investiga as circunstancias que levaron a dous anciáns, de 72 e 82 anos, a enlearse a navalladas no centro Maruja Mallo de Lugo. A liorta, na zona pública do complexo, iniciouse aparentemente a consecuencia da discusión que seguiu a unha partida de dominó.

Fontes do Corpo Nacional de Policía informaron á axencia EFE de que o suceso aconteceu o pasado luns, contra as seis da tarde. Como consecuencia da agresión mutua, ámbolos anciáns resultaron feridos e tiveron que recibir atención médica.

Os axentes da orde que se persoaron no lugar dos feitos interviñeron dúas navallas, unha de 6 e outra de 8 centímetros. Os dous implicados serán chamados a declarar para expor cadansúa versión acerca do acontecido.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

As Africores de Lugo entre as beneficiadas con axudas para o control do rendemento leiteiro

A Consellería do Medio Rural publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG)...