InicioLugo e contornaLugoAcusacións entre PSOE e PP de Lugo por falta de unanimidade nunha...

Acusacións entre PSOE e PP de Lugo por falta de unanimidade nunha votación

"O bipartito está máis preocupado en entenderse entre eles que en resolver os problemas dos lucenses. Pedimos ao PSOE e ao BNG que se centren e deixen de dar espectáculos", reclamou o PP

PUBLICADA O

- Advertisement -

A reunión da Comisión de Suxestións celebrada este xoves no Concello de Lugo terminou cun novo enfrontamento político entre populares e socialistas pola falta de unanimidade ao votar.

O Partido Popular denunciou que o tres concelleiros socialistas que forman parte da comisión -Olga López Racamonde, Ángeles Novo e Mauricio Repetto- non se puxeron de acordo no sentido do seu voto ante unha proposta de urxencia presentada polo BNG sobre a comparecencia dos xefes de servizo para dar conta dunha suposta falta de transparencia e a ausencia de resposta a peticións veciñais.

Os populares interpretaron a situación como “unha mostra” de que se está “ante un goberno á deriva, que non se comunica nin dentro do bipartito nin dentro do propio PSOE”. Ademais, aseguraron que o episodio reflicte que “o BNG vai ao seu, incapaz de resolver problemas tan importantes como o servizo de autobuses, que é da súa competencia, e que o alcalde Miguel Fernández carece de liderado”.

Pola súa banda, o PSOE cualificou de “disparate” as críticas dos populares e matizou que a discrepancia se produciu unicamente no momento de votar a urxencia da proposta.

Segundo explicaron, a concelleira Olga López Racamonde abstívose, pero ao contar co apoio dos demais, a proposta entrou igualmente. O contido da mesma, a comparecencia de xefes de servizo, foi votado posteriormente de forma conxunta e favorable por todos os membros.

“O bipartito está máis preocupado en entenderse entre eles que en resolver os problemas dos lucenses. Pedimos ao PSOE e ao BNG que se centren e deixen de dar espectáculos”, reclamou o PP, que volveu insistir na necesidade de dar respostas rápidas e claras á cidadanía e mellorar a xestión e a transparencia na comisión.

Pola súa banda, o PSOE acúsalles de mentir e buscar o enfrontamento ante unha situación que cualificou de “anecdótica” e na que non houbo discrepancias, xa que o voto foi unánime.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...

O BNG apoiará a mobilización de usuarios nas residencias das Gándaras, en Lugo

A concelleira do BNG no Concello de Lugo Cristina López sumouse á nova mobilización...

Comezan as obras de mellora na estrada que une Lugo con Ponte Ombreiro

A Deputación de Lugo vén de iniciar este venres os traballos de rehabilitación dun...