InicioSucesosO HULA funciona con normalidade a pesar do corte de auga por...

O HULA funciona con normalidade a pesar do corte de auga por contar con dous depósitos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha avaría causada polas obras que está a levar a cabo Xestur no polígono industrial das Gándaras de Lugo provocou un corte na subministración de auga da Rede Municipal.

A pesar de que a zona onde está o Hospital Lucus Augusti (HULA) é unha das afectadas, o complexo sanitario funciona con normalidade, xa que conta con dous depósitos que lle permiten manter a subministración normal de auga durante tres días.

Debido á avaría, o Concello cortou o servizo desde esta mañá ás zonas afectadas, que son a parte superior do barrio das Gándaras, Cima de Vila, A Campiña, A Fervedoira e Muxa.

A PREVISIÓN É RESTABLECER ESTA TARDE

Debido á “complexidade” da avaría, a Brigada de Augas anunciou nun primeiro momento que non se podía determinar o fin do corte, pero a última hora da mañá anunciou que ao longo da xornada de hoxe recuperarase o servizo en toda a zona e que as previsións apuntan á primeira hora da tarde.

Desde o Concello pediron desculpas á cidadanía afectada “polas molestias que lles ocasione este corte de auga, que non se produciu pola actividade de ningún servizo municipal, e que se está tentando resolver canto antes”.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...