InicioEconomíaGalardón para as Audioguías dos Ancares que entran nun catálogo dos mellores...

Galardón para as Audioguías dos Ancares que entran nun catálogo dos mellores camiños sonoros do mundo

A proposta está impulsada por Fósforo Arte & Cultura xunto ao colectivo Galiza Emocional. Os capítulos están elaborados ao amparo do programa Territorio Cultura da Xunta de Galicia e co patrocinio da Deputación de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

‘Vos Andares’ é unha serie de viaxes sonoras creada por artistas de diferentes ámbitos coa que se pode percorrer Os Ancares a través de media ducia de audioguías. Esta iniciativa gañou o Premio Sound Walk September 2024, o que supón entrar en “o catálogo internacional dos mellores camiños sonoros do mundo”.

A proposta está impulsada por Fósforo Arte & Cultura xunto ao colectivo Galiza Emocional. Os capítulos están elaborados ao amparo do programa Territorio Cultura da Xunta de Galicia e co patrocinio da Deputación de Lugo. O seis audioitinerarios atópanse en galego, castelán e inglés.

Cada capítulo está centrado nos municipios lucenses de Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita, Becerreá e Baralla, cunha duración entre os 32 e os 47 minutos. Está dispoñible na rede de forma gratuíta a través da web www.osandares.com.

Iria Azevedo, Marcos PTT, Avelina Pérez, Clara Gayo, José Díaz e María Lado son os artistas creadores destes audios nos que se mestura documental con ficción para percorrer a historia, patrimonio e paisaxe. Ademais, cóntase coas voces dos veciños para rexistrar a memoria da zona.

A perspectiva ecolóxica ten “unha presenza transversal ao transmitirse reflexións sobre a urxencia na protección da enorme biodiversidade deste territorio e sobre os efectos irreparable do despoboamento no espazo”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Presidenta abre a tempada das rutas fluviais pola Ribeira Sacra e que conta xa con case 14.000 reservas

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada de deputados e deputadas provinciais...

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...