InicioSucesosUnha rifa por tender roupa nas escaleiras acaba coa identificación de catro...

Unha rifa por tender roupa nas escaleiras acaba coa identificación de catro veciños en Lugo

Os axentes comprobaron que os denunciantes tiñan un conflito cuns veciños motivado pola coada que tiñan tendida no pasamanos da escaleira, o que, segundo a policía, "xerou unha discusión e mesmo algunha que outra agresión"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo identificou a catro veciños dun edificio da zona norte da cidade tras unha disputa motivada por tender roupa nas escaleiras.

Segundo o relato policial, na madrugada do pasado sábado, día 26 de outubro, unha patrulla acudiu ao momento despois de que unha familia denunciase recibir ameazas doutros veciños o inmoble.

No punto, os axentes comprobaron que os denunciantes tiñan un conflito cuns veciños motivado pola coada que tiñan tendida no pasamanos da escaleira, o que, segundo a policía, “xerou unha discusión e mesmo algunha que outra agresión”.

Por iso, a Policía Local procedeu á identificación de todos os participantes, catro veciños, e a confeccionar o correspondente parte de intervención á espera da prestación das denuncias oportunas para a instrución de dilixencias e a súa remisión ao xulgado de garda.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...