Home Lugo e contorna Lugo Collen a catro rapaces saltando polos tellados dun centro educativo de Lugo

Collen a catro rapaces saltando polos tellados dun centro educativo de Lugo

0
Collen a catro rapaces saltando polos tellados dun centro educativo de Lugo
Policía Local de Lugo/EP

Axentes da Policía Local identificaron a catro menores cando corrían e saltaban no tellado dun centro educativo da cidade de Lugo. Segundo informou este luns a Policía Local, os feitos tiveron lugar na tarde do pasado venres, cando un axente observou aos menores correndo no tellado e mesmo saltando dun pavillón a outro.

Os menores manifestaron que estaban a xogar e os feitos foron postos en coñecemento dos pais. A Policía Local levantou o correspondente parte de intervención policial.

VENDA AMBULANTE NON AUTORIZADA

Por outra banda, a Policía Local levantou tres actas de denucnia por infracción á Lei de Seguridade cidadá ao detectar a tres vendeores ambulantes que ocupaban espazo público para a venda igleal. Por iso, foron propostos para unha sanción de 600 euros cada un deles.

Ademais, un deles foi denunciado por desobedecer as ordes dos axentes, xa que ao detectar a presenza policial, comezou a correr e non se detivo ata que foi alcanzado.

+ posts