InicioEconomíaPreservando o porco celta como alternativa de negocio

Preservando o porco celta como alternativa de negocio

A metade das explotacións de porco celta galegas está en Lugo, e representa un sector en auxe e en vías de profesionalización

PUBLICADA O

- Advertisement -

A provincia de Lugo está en posición de liderar a recuperación do porco celta, un esforzo que, alén da supervivencia desta especie en perigo de extinción, podería procurar oportunidades de negocio e xeración de emprego. Arredor de sesenta explotacións xeran 400.000 euros en ingresos a través do comercio dos derivados deste animal.

Isto representa preto da metade das granxas e o corenta por cento do volume de negocio de porco celta en Galicia. Malia os datos, segue a ser un recurso complementario, en explotacións cun longo percorrido cara a profesionalización e a optimización da produción. Porén, a especie ofrece cualidades interesantes dentro dos sistemas agroforestais que comezan a implantarse en Lugo.

Por outra banda, a coidada crianza de porco celta permite obter produtos de primeira calidade. Lugo é referente en España da gandería en liberdade, como constata a Asociación de Criadores de Ganado Porcino Celta (ASPORCEL), que en Galicia reúne a 130 explotacións que sacrifican entre 1.500 e 2.000 cabezas de gando.

A necesaria profesionalización

O presidente da Deputación de Lugo visita unha granxa de porco celta en Friol | Deputación de Lugo
O presidente da Deputación de Lugo visita unha granxa de porco celta en Friol | Deputación de Lugo

A dinamización da produción de porco celta, un sector en claro auxe, depende entre outros factores do axeitado coidado dos animais. Para asegurar os máis altos estándares, a Deputación de Lugo decidiu custear os programas sanitarios que as explotacións teñan a obriga de cumplir –vacinacións, revisións veterinarias ou análises de sangue– para entrar no mercado.

O presidente da Deputación, Darío Campos, e mailo deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, visitaron este luns varias explotacións de porco celta sitas no Concello de Friol para coñecer de primeira man o funcionamento do sector. “Queremos  contribuír á necesaria profesionalización deste sector que, aínda que está en auxe, segue a ser unha actividade económica complementaria para os criadores”, apuntou Campos. O presidente asegura que pode resultar en alternativa de negocio para os máis novos e evitar deste xeito o despoboamento do rural.

Lugo, a reserva xenética da vaca rubia galega que triunfa no Brasil

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...