InicioEconomíaA Deputación destina 30.000 euros para asesorar e impulsar pequenos comercios na...

A Deputación destina 30.000 euros para asesorar e impulsar pequenos comercios na provincia

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, asinou este martes no Pazo de San Marcos un acordo de colaboración co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, a través do que a institución achegará 30.000 euros ao colectivo para o funcionamento da oficina técnica de información e asesoramento ao comercio da provincia, un servizo que conta con 8 traballadores.

José Tomé dixo que a institución provincial renova esta colaboración no marco do seu compromiso de seguir apoiando ao tecido empresarial, dado que “manter unha oficina de asesoramento é crucial para o seu desenvolvemento e crecemento”.

“Seguimos traballando para impulsar a economía local e brindar oportunidades aos emprendedores, axudarlles no seu día a día, dándolles apio e os recursos necesarios para que poidan desenvolver a súa actividade. Os nosos comerciantes locais son máis que simplemente vendedores: son membros activos e valiosos da nosa comunidade”, dixo.

Para o mandatario provincial é “moi importante que estas oficinas estean en Lugo porque supón unha vantaxe importante para os comerciantes da provincia” que se poden achegar en persoa desde os seus negocios a resolver calquera dúbida ou realizar calquera xestión cos técnicos, do mesmo xeito que tamén os técnicos acoden aos comercios para informarlles en persoa de campañas ou proxectos que están a desenvolver.

Esta axuda, engadiu Tomé, servirá para traballar nos retos que teñen por diante os comercios, “que pasan por sensibilizar aos consumidores da importancia de comprar nos establecementos de proximidade, recuperar e incentivar os hábitos de compra tradicionais e o consumo, ademais de impulsar a dixitalización do sector”.

ASESORAMENTO TÉCNICO

A oficina técnica da Federación Galega de Comercio ten a súa sede en Lugo, na Rolda da Muralla, e conta no seu persoal con sete técnicos e un administrativo que realizan tarefas técnicas, de xestión e administrativas relacionadas cos servizos que presta o colectivo.

Entre as funcións que desenvolven nesta sede destacan o asesoramento legal en canto á normativa vixente aplicable ao sector, asesoramento na xestión e tramitación das reclamacións, información e tramitación de subvencións públicas, preparación de escritos, apoio ás persoas emprendedoras, fomento do asociacionismo ou a representación ante a administración pública e organizacións empresariais.

As asociacións de comerciantes da provincia tamén dispoñen deste lugar para realizar as súas reunións ou asembleas, contando de maneira directa con asesoramento para o impulso de novas campañas ou actuacións concretas que queiran desenvolver. Algúns destes colectivos teñen a súa sede nesta oficina. A local conta, ademais, con aulas habilitadas para impartir formación ou desenvolver actos informativos e publicitarios.

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...

Case 400.000 euros para a mellora de estradas en Palas de Rei e A Pastoriza

A Deputación de Lugo aprobou este venres un investimento de 373.028,38 euros para a...