InicioSociedadeA Xunta terá que readmitir en Lugo ao empregado contra o que...

A Xunta terá que readmitir en Lugo ao empregado contra o que tomou represalias

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia considera que o despedimento do empregado foi unha represalia por presentar dúas demandas contra a administración

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou nulo o despedimento do traballador do laboratorio de sanidade animal de Lugo, obrigando á Xunta de Galicia a readmitilo cunha indemnización de preto de 30.000 euros. O cese produciuse a raíz de dúas demandas que o empregado presentou contra a propia administración, o que é apreciado polo alto tribunal como unha vulneración dos dereitos laborais fundamentais.

A Xunta de Galicia ten pendente varias por motivos semellantes no mesmo centro de investigación. Dende a Confederación Intersindical Galega, entidade que solicitou o recurso, entenden que a administración autonómica “debería ser exemplo de respecto e de garantir o cumprimento da legalidade nas súas relacións laborais”. 

O empregado en cuestión prestaba servizos no laboratorio de sanidade animal de Lugo, dependente de Medio Rural, dende o ano 2006. Resultou despedido en novembro de 2017 cando lle comunicaron a extinción do contrato de interinidade; inicialmente, o despedimento foi declarado improcedente e condenouse á Xunta a indemnizalo coa cantidade de 28.000 euros.

Represalias

Aliás, o TSXG declara a nulidade do despido aceptando as alegacións feitas no recurso, dconsiderando “que o cese do traballador é unha clara consecuencia de ter presentado dúas demandas, pouco tempo antes do cese, contra a administración empregadora”.

Na decisión xudicial arguméntase que se vulnera o dereito de tutela xudicial efectiva cando a causa do despido é a represalia contra a persoa que leva a cabo o exercicio dunha acción xudicial, e considérase probado tamén que se vulnera a garantía de indemnidade, xa que se adoptaron medidas de represalia derivadas das actuacións do traballador encamiñadas a obter a tutela dos seus dereitos.

Como consecuencia do fallo da sentenza, que é firme, o empregado deberá ser readmitido no seu posto e corresponde á Xunta aboar os salarios dende o momento do despedimento ata a readmisión, polo que lle terá un custe de arredor de 30.000 euros. Os feitos serán denunciados na Inspección de Traballo para que determine se procede a apertura de acta de infracción polos feitos declarados probados.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...