InicioEconomíaLara Méndez di aos comerciantes que negocien directamente coa concesionaria se queren...

Lara Méndez di aos comerciantes que negocien directamente coa concesionaria se queren parkings máis baratos

A rexedora cre que "ser un goberno de esquerdas non pode ser o paraugas para que todo asúmao a administración pública".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, responde as acusacións de Lugo Monumental de non entender “que se pretenda que os comerciantes negocien coa concesionaria dun parking público”. A rexedora cre que “ser un goberno de esquerdas non pode ser o paraugas para que todo o asuma a administración pública”.

O presidente da asociación de comerciantes Lugo Monumental, Luís Latorre, móstrase “asombrado” polas declaracións da socialista nas que “di que sexan os comerciantes os que se convenien coas concesionarias dos aparcadoiros públicos” para chegar a un acordo coa subida das tarifas.

Latorre di que é “canto menos chocante” que o Concello responda desta maneira cando o problema dun “aumento dos prezos” dáse nun servizo “público en mans da xestión privada”.

A alcaldesa explica que a subida das tarifas débese ao incremento do IPC “un 6 % que xa se aumentou en outubro porque nos rexemos por unha franxa de doce meses que vai de outubro a outubro”, algo que, segundo ela é o que provoca a diferenza de prezo co resto de cidades galegas.

Segundo o representante dos comerciantes, Lugo é a cidade “máis cara” para aparcar nun parking público, con todo, a socialista defende todo o contrario, que é “unha das baratas”, e que o desfasamento dos datos vén dado “porque no resto de cidades aínda non aplicaron a subida correspondente ao IPC”.

Para Latorre, as solucións a este problema poden ser varias. A primeira que o Concello “rescate da concesión e que a explote unha empresa social”, e a segunda que negocien “directamente os prezos coa empresa concesionaria”.

Méndez explica que “non se pode facer”, debido a que “hai un prego, vixente desde 1986, con vixencia durante 49 anos e aprobado polo Partido Popular no que se recolle que os prezos das tarifas aumentarán co IPC de cada ano”.

Para a socialista, Lugo Monumental está a usar “información e datos sesgados”, mentres que a asociación defende “pór sobre a mesa un problema que prexudica ao centro histórico” e que lamentan “non vai ter solución”.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...