‘Porta de Lugo’ demanda actuacións “contundentes” á Xunta, Goberno e Concello en materia de okupación

Lamentan que ningunha das administracións con competencias se puxera en contacto con eles dende hai un mes, cando requiriron actuacións.

Un edificio con problemas de ocupación na rúa Salvador de Madariaga.

A asociación de veciños ‘Porta de Lugo’, moi crítica co papel que veñen desempeñando as administracións públicas durante o último mes en relación á ocupación de vivendas na Avda. de Adolfo Suarez, ponlle deberes á Xunta, ao Goberno central e ao Goberno local. Porque dende ‘Porta de Lugo consideran que os problemas relativos á okupación son “de gran envergadura” e lamentan que dende hai case un mes nigunha das administracións con responsabilidades na materia se puxo en contacto con eles malia que requiron unha “actuación clara e contundente”.

“Isto é inadmisible porque os cidadáns teñen lexítimo dereito a dispoñer dos seus bens en todo momento e este dereito deben de asistilo os políticos votados e convertidos por iso en xestores: nisto non aceptamos ningún tipo de descarga na súa culpabilidade”, sinalan. Segundo a asociación veciñal, a ocupación de vivendas privadas na zona está a desestabilizar aos habitantes da zona e, apuntan, os “cidadáns non son os que teñen que ofrecer vivenda aos okupas, isto é unha obriga das Administracións de forma coordinada”.

Por iso, ‘Porta de Lugo’ demanda á Xunta que, como responsable en materia de vivenda, negocie cos okupas a saída das vivendas ou locais ocupados e ofreza unha alternativa provisional de vivenda. Así mesmo, demándanlle ao Executivo autonómico que restitua os servizos de asesoramento das ocupacións e programen a disposición de vivenda social na comunidade de forma anual en función das necesidades reais do momento.

Do mesmo xeito, esíxenlle ao Goberno central un cambio lexislativo “inmediato” ao Goberno central para que “libere as vivendas ocupadas desde o minuto un no coñecemento da ocupación” e elabore protocolos de actuación ante a ocupación ilegal que contemplen tamén sancións e solucións habitacionales alternativas de acordo con lexislación actual e de apoio nos procedementos para usar por outras Administracións.

Pola súa banda, a asociación veciñal considera que o Concello de Lugo ten que denegar de forma rotunda calquera inscrición no Padrón de Censo Municipal, por non ser titulares da propiedade nin dispoñer de ningún contrato de arrendamento ou título. Tamén piden que “verifiquen e cancelen calquera tipo de axuda social ás persoas que levan a cabo a ocupación” e realicen “de forma inmediata” un censo de locais baleiros.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here