InicioLugo e contornaLugoDesirée consumiu trazodona pouco antes de que a asasinaran

Desirée consumiu trazodona pouco antes de que a asasinaran

Os forenses apuntaron que a "única causa posible" da morte foi a "oclusión das vías respiratorias" e o "estrangulamento".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os investigadores de toxicoloxía acharon restos de trazodona no sangue da nena Desirée Leal, asasinada en Muimenta en 2019, aínda que en concentracións baixas e consumidas pouco antes do seu falecemento, dado que aínda non empezara a eliminarse en ouriños. Así o destacaron os peritos que declararon este venres na quinta sesión do xuízo que se segue contra a nai da menor, única acusada do crime.

Ante o tribunal e o xurado explicaron que se achou unha pequena cantidade de trazodona en sangue, por baixo do nivel terapéutico, e no contido gástrico, non así nos ouriños. Segundo engadiron, isto implica que se consumiu trazodona pouco antes da morte, dado que aínda non fora absorbido completamente en contido gástrico e aínda non pasara a ouriños.

Entre as periciais realizadas, localizouse, ademais, sangue da nena na parte inferior do pixama da nai, que foi atopado baixo a cama –cambiouse de roupa–, e sangue da acusada nun dos puños. O sangue de Desirée estaba tamén no seu propio pixama, en varios puntos do seu corpo, nunha almofada e un coxín, nunha zapatilla e nun calcetín.

LESIÓNS NA BOCA E PESCOZO POR “PRESIÓN SOSTIDA”

O corpo da nena Desirée Leal presentaba lesións “evidentes” na boca e no pescozo causadas por “presión sostida” sobre estas partes, así como feridas na parte interior dos beizos que coincidían coa posición dos dentes.

Así o explicaron este venres ante o xurado e o tribunal que xulgan este crime os forenses que participaron na autopsia do corpo, e que dixeron que a “única causa posible” da morte foi a “oclusión das vías respiratorias” e o “estrangulamento”, segundo os signos que apreciaron no corpo.

Entre eles, detectaron lesións musculares que se producen por unha “presión sostida” sobre os tecidos, tanto no pescozo da menor como en toda a superficie da boca. A maiores, no interior dos beizos atopáronse feridas “que coinciden por presión contra as partes máis prominentes da dentadura”.

No caso do pescozo, ademais das lesións musculares, apreciouse durante a autopsia unha “lesión hemorráxica” como resultado de “presionar a farinxe contra a columna vertebral”. Todas as lesións foron realizadas cando a nena aínda estaba viva, engadiron.

Os expertos, en base aos seus datos, calcularon que Desirée faleceu nalgún momento entre as 4,40 e as 8,05 horas desa mañá.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...