InicioA UlloaSoben os casos activos de Covid en Lugo tras varias xornadas en...

Soben os casos activos de Covid en Lugo tras varias xornadas en descenso

Nas últimas horas rexistráronse 640 contaxios na área sanitaria luguesa.

PUBLICADA O

Os contaxios diarios de Covid en Galicia mantéñense en cifras próximas aos 6.000, mentres que os casos activos da infección volveron a subir nas últimas horas, tras varias xornadas de descenso, e tamén se incrementou levemente a presión nas Unidades de Coidados Intensivos. Segundo os datos publicados este xoves pola Consellería de Sanidade, con información solicitada ata as 18,00 horas do mércores, nas últimas horas rexistráronse 5.886 contaxios novos, poucos menos que na xornada precedente. As áreas sanitarias da Coruña-Cee, Ourense, Verín e Barco de Valdeorras e Pontevedra-O Salnés reduciron os seus casos novos, e rexistran 1.106, 529 e 574 contaxiados nas últimas horas. Mentres, os novos contaxios subiron no resto de áreas: na de Vigo detectáronse 1.637 novos contaxios, na de Santiago-A Barbanza hai 1.121 casos novos, na de Lugo, A Mariña e Monforte, hai outras 640 persoas coa infección, e na de Ferrol rexistráronse 279 novos contaxios. Con respecto ao cómputo global de casos activos, hai en Galicia 61.716 persoas con Covid, o que supón 1.439 máis que hai un día, e as infeccións activas creceron en todas as áreas sanitarias. Así, a área de Vigo segue á cabeza con 16.051 infeccións (441 máis), seguida pola área da Coruña, con 13.424 casos (149 máis). Na área de Santiago hai 10.265 casos (444 máis), na de Pontevedra hai 6.576 infeccións activas (12 máis), na de Lugo hai 6.366 casos (218 máis), na de Ourense hai 6.103 infeccións (88 máis) e na de Ferrol hai 2.931 casos (87 máis). PRESIÓN HOSPITALARIA Con respecto á ocupación dos hospitais, o Sergas notificou o mesmo número de persoas con Covid hospitalizadas que hai 24 horas, é dicir, 681, aínda que aumentou a presión en UCI e diminuíu, na mesma proporción, nas unidades convencionais. Así, hai 44 pacientes ingresados nas unidades de críticos dos hospitais galegos (4 máis), e 637 pacientes ingresados en planta (4 menos). Os contaxios diarios de Covid en Galicia mantéñense en cifras próximas aos 6.000, mentres que os casos activos da infección volveron a subir nas últimas horas, tras varias xornadas de descenso, e tamén se incrementou levemente a presión nas Unidades de Coidados Intensivos. Segundo os datos publicados este xoves pola Consellería de Sanidade, con información solicitada ata as 18,00 horas do mércores, nas últimas horas rexistráronse 5.886 contaxios novos, poucos menos que na xornada precedente. As áreas sanitarias da Coruña-Cee, Ourense, Verín e Barco de Valdeorras e Pontevedra-O Salnés reduciron os seus casos novos, e rexistran 1.106, 529 e 574 contaxiados nas últimas horas. Mentres, os novos contaxios subiron no resto de áreas: na de Vigo detectáronse 1.637 novos contaxios, na de Santiago-A Barbanza hai 1.121 casos novos, na de Lugo, A Mariña e Monforte, hai outras 640 persoas coa infección, e na de Ferrol rexistráronse 279 novos contaxios. Con respecto ao cómputo global de casos activos, hai en Galicia 61.716 persoas con Covid, o que supón 1.439 máis que hai un día, e as infeccións activas creceron en todas as áreas sanitarias. Así, a área de Vigo segue á cabeza con 16.051 infeccións (441 máis), seguida pola área da Coruña, con 13.424 casos (149 máis). Na área de Santiago hai 10.265 casos (444 máis), na de Pontevedra hai 6.576 infeccións activas (12 máis), na de Lugo hai 6.366 casos (218 máis), na de Ourense hai 6.103 infeccións (88 máis) e na de Ferrol hai 2.931 casos (87 máis). PRESIÓN HOSPITALARIA Con respecto á ocupación dos hospitais, o Sergas notificou o mesmo número de persoas con Covid hospitalizadas que hai 24 horas, é dicir, 681, aínda que aumentou a presión en UCI e diminuíu, na mesma proporción, nas unidades convencionais. Así, hai 44 pacientes ingresados nas unidades de críticos dos hospitais galegos (4 máis), e 637 pacientes ingresados en planta (4 menos). As áreas sanitarias da Coruña e Lugo concentran o maior número de enfermos en UCI, con 12 (sen cambios) e 8 (dous máis), respectivamente. Na área de Vigo hai 6 pacientes en UCI con Covid (un menos), os mesmos que na área de Santiago (un máis que hai un día); mentres, na área de Pontevedra mantéñense 5 enfermos en coidados críticos, na área de Ourense subiron de 3 a 4, e na área de Ferrol tamén subiron, de 2 a 3.

ÚLTIMAS

Obras de rehabilitación en ligazóns da A-6 e A-8 en Begonte provocarán cortes de circulación durante tres semanas

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable inicia este xoves, 21 de novembro, as obras...

Un lucense gaña 2,6 millóns co Eurojackpot da ONCE

Un veciño da provincia de Lugo gañou 2,6 millóns de euros co Eurojackpot do...

Detidos en Lugo dous homes e unha muller por tráfico de drogas nas proximidades de colexios

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a dous homes e unha muller como...

O ministro Puente promete que o segundo viaduto do Castro estará listo “antes de final de ano”

O ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, asegurou este martes no Senado...