InicioLugo e contornaLugoDetidos catro novos máis pola pelexa multitudinaria na rúa Catedral, en Lugo

Detidos catro novos máis pola pelexa multitudinaria na rúa Catedral, en Lugo

Todos os detidos contan con antecedentes e teñen entre 24 e 26 anos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo a catro novos máis en relación coa pelexa multitudinaria que se produciu na rúa Catedral, en Lugo, na madrugada do 22 ao 23 de xaneiro.

Estas detencións a catro homes –-todos contan con antecedentes e teñen entre 24 e 26 anos— producíronse a última hora do 28 de xaneiro, o que se suma á detención que xa se produciu durante a noite do incidente dun mozo por causar a outro feridas con arma branca.

Así, a Policía dá por terminada a operación cun total de cinco detencións. Aos últimos catro apresados acúsaselles de tentativa de homicidio, lesións graves, roubo con violencia e ameazas.

Segundo o relato policial, esa madrugada producíronse tres episodios violentos, o principal tivo lugar preto das 4,00 horas da madrugada, cando tres dos agora detidos atopáronse na rúa Catredral cuns coñecidos, os cales os denunciaron no pasado por un roubo –declarados culpables os acusados no xuízo–. Ao velos, recrimínanllo e comeza unha agresión ao grupo de amigos que transitaban por esa zona, entre os cales había quen nada tiñan que ver co xuízo citado.

Este é o enfrontamento que se puido ver por redes sociais, ao cal acudiu a policía. Producíronse dous feridos graves, un inconsciente e outro cun nocello fracturado.

Previamente, á 3,00 da madrugada do domingo, 23 de xaneiro, tres dos agora detidos xa protagonizaran unha primeira agresión a outros dos novos –un deles é quen despois acoitelaría a un deses agresores, polo que foi detido esa mesma madrugada–.

Así, chégase ata o terceiro episodio violento. Un dos participantes na agresión das 3,00 horas, pero que se marcha da da pelexa das 4,00 horas, atópase na súa fuxida cos primeiros agredidos na contorna da Praciña da Universidade, onde sofre un acoitelamento. A Policía detivo nese momento ao presunto autor.

Así, a Policía sinala que “se puido esclarecer” os feitos tras días de “intensa” investigación, con toma de declaracións, visionado de gravacións e colaboración entre axentes da Nacional e a Local. Tres dos detidos o venres pasarán a disposición xudicial en próximas horas, mentres o cuarto quedou en liberdade tras prestar declaración.

ÚLTIMAS

Extinguido o incendio forestal e de Pantón que calcinou 31 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informou de que está estabilizado un incendio forestal rexistrado...

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...