InicioLugo e contornaLugoUnha veciña de Lugo foi denunciada por ruídos na súa vivenda cando...

Unha veciña de Lugo foi denunciada por ruídos na súa vivenda cando estaba con outras cinco persoas

Este suceso tivo lugar nun edificio da Ronda das Fontiñas pouco antes das tres da madrugada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local denunciaron a unha veciña dun edificio da Ronda das Fontiñas por ruídos de madrugada, pouco antes das tres, o pasado 14 de xaneiro, e cando estaba en compañía doutras cinco persoas.

Segundo informa o consistorio, os axentes desprazáronse á vivenda tras ser avisados por veciños que se queixaban de ruídos, en concreto de voces e berros nun ton moi alto. Á Policía, explicáronlles que non eran conscientes das molestias xeradas.

Na madrugada dese día, sobre as 01,15 horas, denunciouse a un mozo que envorcou unha sustancia dunha pequena bolsa, posiblemente cocaína, sobre o seu teléfono móbil para poder consumila. O mozo, baixo a influencia das drogas, foi identificado e denunciado por infracción á Lei de Seguridade Cidadá.

Tamén se propuxo sanción para unha moza de 17 anos sorprendida ouriñando na vía pública e levantouse acta de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia a dúas persoas que non levaban a máscara.

+ posts

ÚLTIMAS

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

O PP recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa de Guitiriz

O PP de Guitiriz recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa ao consideralo...

O PSdeG de Muras acusa ao BNG de impedir intervir á súa voceira

O PSdeG de Muras denunciou que o alcalde, Manuel Requeijo, impediu intervir á voceira...