InicioLugo e contornaLugoSatse reclama incrementar o número de enfermeiras para "evitar máis actos vandálicos"...

Satse reclama incrementar o número de enfermeiras para “evitar máis actos vandálicos” como na PAC de Lugo

Condena os actos vandálicos e recalca que non son reflexo da maioría da poboación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Sindicato de Enfermaría (Satse) en Lugo reclama “a contratación de máis enfermeiras” para atender aos usuarios dos centros de Atención Primaria, e en concreto na PAC de Lugo, que é o que atende o maior volume das urxencias de Atención Primaria, co fin de “evitar máis actos vandálicos” como os sucedidos no Punto de Atención Continuada da capital luguesa.

“A necesidade de incrementar o número de enfermeiras é unha reclamación histórica, que estes días se fai máis urxente se cabe. As enfermeiras solicitamos un reforzo a maiores todos os días en quenda diúrna”, destaca Satse nun comunicado de prensa.

A incorporación de profesionais de Enfermaría, segundo sostén este sindicato, “podería reducir as esperas para ser atendidos, do que son vítimas do sistema”, usuarios e pacientes, con tempos que, matizan, “alcanzan unha media de 45 minutos, pero que en días de maior afluencia poden chegar ata o tres horas”.

Satse manifesta que o Sergas “non pode permitir que un usuario chegue a un servizo de Urxencias e que o Persoal Sanitario tarde 2/3 horas en valoralo e avalialo”. “Provócanos unha gran angustia como profesionais o pensar que dentro dos usuarios e usuarias que temos en lista de espera póidasenos coar un ictus, unha crise hipertensiva, un infarto, un shock anafiláctico”, engade.

Por iso, insiste en que “é algo inadmisible e que vai ter unha grave repercusión na seguridade do paciente”, advirte Antonio Manuel Veiga, delegado de Satse en Lugo, e un dos dous enfermeiros que traballan nesta PAC.

O Sindicato de Enfermaría advirte que cada persoa que chega a un servizo de Urxencias “debería ser triada, avaliada, por persoal sanitario e avaliar a súa prioridade de atención”. “Está claro que todo o mundo debe e vai ser atendido, pero somos nós e nós os sanitarios, os e as que debemos priorizar esa atención”, explica este enfermeiro.

CONDENA

Por parte de Satse Lugo, condenaron “os actos vandálicos que levan producíndose desde hai uns días contra as instalacións da PAC de Lugo”, unhas actuacións que, subliñan, “non son o reflexo da opinión da inmensa maioría da poboación, que en todo momento está a mostrarnos a súa solidariedade e agradecemento polo traballo realizado nuns momentos tan complicados”.

“Está claro e é evidente que non é a primeira, nin lamentablemente será a última vez, que as e os traballadores dos servizos de saúde somos o foco da ira das e os pacientes, que vítimas de fallos no sistema, ven abocados a longas esperas para ser atendidos, o que xera en moitas ocasiones malestar que desemboca en faltas de respecto, insultos, e en ocasións, agresións físicas”, sinala Antonio Manuel Veiga.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...