Home Lugo e contorna Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

0
Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria
Rueda participa no acto de saída a información pública do tramo Nadela-A Pobra de San Xiao para a conversión en autovía do Corredor Nadela-Sarria, xunto coa finada alcaldesa Paula Alvarellos / DAVID CABEZON @ XUNTA

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe ningún atraso na execución da nova autovía AG-22 (Nadela-Sarria), da que falta o tramo comprendido entre A Pobra de San Xiao e Nadela, o cal suporá un investimento 35 millóns de euros.

O organismo autonómico referiuse a a visita que realizou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ao Páramo, concretamente ao momento onde se unirán os dous tramos, no mes de xuño. Naquel momento, o presidente, que estivo acompañado pola conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue, explicou que a previsión era “finalizar o 2025 coas obras licitadas e se é posible tamén adxudicadas para poder comezalas en 2026”.

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, expresara este martes a súa “profunda preocupación” polo novo atraso na execución da autovía Nadela-Sarria, unha infraestrutura que cualificou como “fundamental para o desenvolvemento económico e social da cidade e de toda a súa área de influencia”. Asegurou Fernández que esta obra tiña como data de conclusión 2026 e que, agora, “non estará finalizada, como mínimo, ata 2028“.

Estas declaracións están relacionadas co Consello da Xunta deste luns, no que se aprobou definitivamente o proxecto de trazado para culminar a transformación do corredor Nadela-Sarria nunha vía de alta capacidade, que supón a última fase da autovía que unirá Lugo e Sarria.

En concreto, o Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no tramo Nadela-A Pobra de San Xiao, ao seu paso polos concellos de Lugo, O Corgo e O Páramo, que suporá un investimento de 37,4 millóns de euros. Trátase da conversión en autovía do último tramo do corredor Nadela-Sarria (CG-2.2) para completar o desdobre.

+ posts