InicioLugo e contornaLugoA USC e a Deputación actualizarán a 'Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos...

A USC e a Deputación actualizarán a ‘Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais’ da provincia

A entidade provincial achegará 91.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, e o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, subscribiron este xoves un acordo de colaboración para a actualización, análise, mantemento e mellora da ‘Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais’ (EIEL) da provincia. Deste xeito, a institución provincial compromete unha achega de 91.000 euros en dúas anualidades, mentres que a USC farase cargo duns 8.000 euros.

A EIEL representa un inventario estatal dos servizos de todos os municipios con menos de 50.000 habitantes e é o instrumento básico de valoración das necesidades destas administracións en relación á cooperación económica local do Estado. Os datos que se obteñan serán enviados ao grupo de traballo da EIEL do Ministerio de Política Territorial e Función Pública.

Ambas as institucións, Deputación e USC, destacaron o compromiso mutuo para favorecer o desenvolvemento equilibrado e sustentable dos municipios da provincia a través do diagnóstico dos posibles desequilibrios existentes en infraestruturas e equipos.

O encargado de desenvolver estas accións será o Laboratorio do Territorio da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...

Elena Candia deséxalle sorte aos deportistas que reprensetarán a Lugo no Mundial de Baile Deportivo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu hoxe na Casa do Concello aos integrantes...