InicioLugo e contornaLugoMáis de 200 carteiros facilitarán no rural de Lugo facer trámites administrativos...

Máis de 200 carteiros facilitarán no rural de Lugo facer trámites administrativos e o pago de impostos

José Tomé insistiu na importancia de garantir estes servizos para frear o fenómeno do despoboamento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o presidente de Correos, Juan Manuel Serrano Quintana, asinaron este xoves un protocolo de colaboración co que se busca garantir a prestación de servizos ás zonas rurais da provincia, que favorecen a cohesión territorial e loitan contra o despoboamento. O proxecto aproveitará a rede 24 oficinas de Correos na provincia, 46 puntos de atención rural e máis de 200 carteiros que percorren a diario as aldeas e pobos lucenses.

O acordo pon o foco nos trámites administrativos como o pago de impostos e o cobro de subvencións, así como a expedición de cartóns de transporte ou a compra de entradas para eventos culturais, entre outros.

Ambas as entidades subliñaron que unha parte importante do acordo céntrase no apoio aos produtores locais, co fomento do uso de plataformas como Correos Market, utilizada por 14 produtores da provincia e coa que poden enviar as súas elaboracións a calquera lugar do territorio.

O obxectivo desta colaboración é blindar a prestación de servizos públicos básicos en zonas rurais e nas mesmas condicións que os prestados en núcleos urbanos.

Durante a firma do acordo, Tomé Roca asegurou que coa presenza da Deputación nas oficinas de Correos pretenden “ampliar os procesos administrativos” e “achegarse aos veciños”. Ademais, insistiu na importancia de garantir estes servizos para frear o fenómeno do despoboamento.

Outro dos focos do proxecto é a dixitalización dos puntos de atención rural de Correos para que os veciños destas zonas teñan acceso ás mesmas prestacións que os residentes en cidades.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...