InicioLugo e contornaLugoLugo celebra os 21 anos da Muralla como Patrimonio da Humanidade con...

Lugo celebra os 21 anos da Muralla como Patrimonio da Humanidade con xogos, concertos e poesía

A celebración terá lugar o 28 de novembro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo conmemorará o 21 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade o vindeiro domingo 28 de novembro con diferentes actividades como os xogos tradicionais, poesía e música.

A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo organizou a celebración para o domingo, e non para o martes 30, “para facilitar a asistencia dos veciños a todas as actividades que desexen”.

Nas inmediacións da Muralla celebraranse concertos das distintas agrupacións musicais do Conservatorio de Lugo e unha ruta poético musical protagonizada por poetas e instrumentistas de Lugo. Pola mañá realizarase unha mostra de xogos tradicionais no propio adarve da muralla, a cargo da asociación Xotramu.

DÍA DAS ENFERMIDADES NEUROMUSCULARES

Por outra banda, o Concello de Lugo iluminará de cor vermella a fachada da Casa Consistorial este luns 15 de novembro para conmemorar o Día Nacional das Enfermidades Neuromusculares.

Con este xesto, explica o municipio nun comunicado, a institución “busca apoiar o traballo desenvolvido pola Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares (ASEM Galicia), impulsora da iniciativa, para concienciar á poboación sobre esta enfermidade e darlle visibilidade.

Destacan ademais que se coñecen máis de 150 ENM, que pola frecuencia con que se presentan forma parte do conxunto das denominadas ‘enfermidades raras’. Este ano, a Federación Española de Enfermidades Neuromusculares (Federación ASEM), e as súas 29 asociacións, puxeron en marcha a campaña ‘Capaces15N’.

ÚLTIMAS

Detido por estafas na rede utilizando a identidade de achegados e empregados

A Policía Nacional ha detido en Lugo a un home como suposto autor dun...

Detido en Lugo un home tras un roubo con violencia

A Policía Nacional informou da detención en Lugo dun home, veciño da cidade, como...

Xulgan a unha muller que se apropiou de 37.500 euros dun cliente que contrataba os seus servizos sexuais

Unha muller sentará no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Lugo a próxima...

Detidos dous veciños por roubar 1.750 válvulas de bombonas de butano

A Garda Civil detivo na madrugada do xoves a dous veciños de Ferrol, de...