InicioLugo e contornaLugoLugo xa prepara a Cabalgata de Reis, cun orzamento de máis de...

Lugo xa prepara a Cabalgata de Reis, cun orzamento de máis de 35.000 euros para o aluguer das carrozas

Contará con 15 espectáculos "novos e de calidade".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O concello de Lugo xa traballa na cabalgata de Reis de 2022, que contará con 15 espectáculos “novos e de calidade” e cun orzamento de 36.179 euros para a licitación do aluguer das carrozas.

Segundo informou nun comunicado o municipio, desde a Concellaría de Cultura, Turismo e Promoción, “traballan” nun espectáculo “sen as restricións como as que a pandemia provocou o pasado ano”.

Así, a área de Cultura prepara 15 espectáculos que “animarán o percorrido dos Magos pola cidade”. Ademais, xa se aprobou o prego para o aluguer das carrozas, que deberán acoller a un Mago e a seis paxes reais.

En canto á adxudicación, valorarase, entre outros criterios, a proposta artística das empresas interesadas. As carrozas estarán decoradas con motivos alegóricos ao Nadal e poderán contar con elementos de fantasía, literatura, cómic ou cinema.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...