InicioLugo e contornaLugoO xulgado ordena integrar na Pokémon unha causa contra Liñares por branqueo...

O xulgado ordena integrar na Pokémon unha causa contra Liñares por branqueo na Fábrica da Luz

O maxistrado sinala que "non pode obviarse que se trata, inequivocamente, de delitos conexos e que deberían ser xulgados conxuntamente".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado de Instrución número 1 de Lugo acordou a acumulación á peza principal da denominada operación Pokémon da causa por branqueo de capitais aberta contra o exedil do Concello de Lugo e expresidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil, Francisco Liñares, e un empresario.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), nesta última investigáronse a contratación do proxecto, execución de obras e explotación da antiga Fábrica da Luz de Lugo, así como o concurso de adxudicación da publicidade nos autobuses urbanos e a elaboración do prego de condicións para adxudicar o servizo municipal de autobuses.

O maxistrado, do mesmo xeito que indicou a Audiencia Provincial nun auto, lembra que, procesalmente, poderíase seguir a tramitación da causa por branqueo con independencia da que instrúe os posibles delitos orixe das ganancias sobre as que opera a figura do branqueo de capitais, con todo, “non pode obviarse que se trata, inequivocamente, de delitos conexos e que deberían ser xulgados conxuntamente”.

Por tanto, segue o criterio da Audiencia, que estima que se trata “duns feitos que conviría que fosen axuizados no seu conxunto en atención á conexión entre todas as condutas”.

+ posts

ÚLTIMAS

Reaccións moción de censura: Pontón acusa a Rueda de “aproveitarse de dúas persoas mortas e unha tránsfuga”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao presidente da Xunta...

Rumores de moción de censura en Lugo: Candia negocia coa exsocialista María Reigosa

A política lucense encara uns días decisivos ante a inminente posibilidade dunha moción de...

A Policía Local detecta case 400 coches a máis velocidade da permitida nunha semana

A Policía Local de Lugo detectou a 382 coches que circulaban a máis velocidade...